Asociación Pola Defensa da Ría subliña que "é Ence e non as adminsitracións" quen debe buscar fondos para mudarse

Considera "desafortunada" a actitude do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Por E.P. | Pontevedra | 23/04/2021 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra subliña que "é Ence e non as administracións" quen debe buscar fondos europeos para acometer unha eventual mudanza da fábrica que na actualidade sitúase nos terreos de Lourizán.

Biofábrica de Ence en Pontevedra
Biofábrica de Ence en Pontevedra | Fonte: ENCE.

Este colectivo ve "inaudita" a cantidade de "recursos e esforzos consumidos" para realizar unha reunión cuxo "único obxectivo" vincula con "buscarlle acomodo a unha empresa privada". Pola súa banda, a asociación destaca que Ence, "como calquera outra, ten a obriga de cumprir a lexislación e buscar as alternativas necesarias para levar adiante a súa actividade e manter os postos de traballo".

No mesmo sentido, entende "desproporcionada" a representación da compañía nese encontro, e non entende "a razón da presenza nela dalgúns sectores que nada teñen que achegar neste tema".

Considera "desafortunada" a actitude do Ministerio de Transición Ecolóxica, ao asegurar que "deixa nas mans da Audiencia Nacional e a Xunta a decisión da posible continuidade de Ence en Lourizán", o que, na súa opinión, é facer "abandono de funcións" ao "inhibirse na esixencia do cumprimento da lexislación de Costas vixente".

Así mesmo, critica "o papel xogado" pola Xunta, á que reprende por, "lonxe de defender o dereito público, apostar pola defensa vergoñosa da permanencia da empresa no seu actual emprazamento". "Mesmo propón a creación dunha segunda fábrica de celulosas en Galicia", censura.

Neste sentido, a Asociación Pola Defensa da Ría cre que "deixar en mans do Goberno galego a solución á saída de Ence da ría é o mesmo que deixala en mans da propia empresa".

"Para nós, calquera acordo con Ence pasa por pór fin á actividade da empresa en Lourizán de forma inmediata e a recuperación do dominio público que, por lei, tiña que abandonar en xullo de 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta