Feijóo acusa a Pontón de privatizar máis que o PP nos anos do Bipartito

A voceira nacionalista e o Presidente da Xunta enfrontáronse na sesión de control do Hórreo polo modelo de residencias en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O modelo das residencias de maiores e a súa xestión durante a pandemia enfrontou na sesión de control deste mércores á líder do BNG, Ana Pontón, e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen aproveitou a mellora da situación constatada nos centros xeriátricos para facer un chamamento a vacinarse como "método único" fronte á covid-19.

Fíxoo no transcurso dun debate no que Pontón lle fixo varias propostas para camiñar cara á xestión pública das residencias, como que as sete novas planificadas para as cidades sexan de xestión pública directa ou que "paulatinamente" sigan ese mesmo camiño os centros que agora están en réxime de concesión cando finalicen os contratos.

Feijóo defendeu a xestión de Galicia na pandemia e reiterou que é a comunidade peninsular na que se produciu unha menor mortalidade, mentres que Pontón botoulle en cara que "presuma" disto. "Párteseme o corazón cada vez que o escoito", díxolle a nacionalista, a quen o presidente advertiu que se limita a constatar datos "sen sacar peito". "Cre que non temos corazón? Que non temos maiores?", replicou.

Así mesmo, o de Os Peares afeou a "hipocrisía" do BNG e subliñou que, cando teñen oportunidade de xestionar, "privatizan" máis servizos que o PP. A modo de exemplo, referiuse a a etapa do bipartito entre 2005 e 2009, así como a institucións como a Deputación de Lugo.

Feijóo no Parlamento.. Xunta de Galicia
Feijóo no Parlamento.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta