Temas: BBVA ERE EMPREGO

O BBVA xustifica o ERE: "Tiñamos que reaccionar ante a caída á metade do negocio"

Polo momento, o ERE que a entidade excutará este ano afectará a 3.448 empregados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/04/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O conselleiro delegado de BBVA, Onur Genç, explicou que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a entidade executará este ano prodúcese nun contexto no que as transaccións nas oficinas do banco caeron á metade nos últimos dous anos, o que requiriu "unha reacción" por parte do banco.

Durante a presentación a analistas dos resultados do primeiro trimestre, o directivo sinalou que BBVA está nun proceso de negociación cos sindicatos, polo que non puido desvelar máis detalles do axuste, que polo momento afectará a 3.448 empregados.

Genç aproveitou para dar explicacións sobre os motivos do ERE, un proceso "complicado e doloroso en moitas dimensións" pero que ten lugar nun escenario no que as transaccións en oficinas caeron un 50% nos últimos dous anos. "En dous anos reduciuse unha parte do negocio á metade, iso é algo que require unha reacción e é o que estamos a facer con estes plans de eficiencia", explicou.

Sucursal, banco BBVA. EUROPA PRESS - Arquivo
Sucursal, banco BBVA. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: BBVA ERE EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta