Os sindicatos anuncian mobilizacións conxuntas contra o ERE no BBVA

Os sindicatos ven "inadmisible" que a entidade pretenda "que sexan os traballadores os que paguen a súa reestruturación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

As organizacións sindicais con presenza na mesa de negociación do ERE de BBVA convocaron unha mobilización conxunta para o próximo 10 de maio ás 18,00 horas en Galicia. Convocadas en todo o Estado, en Galicia serán catro concentracións ante as oficinas principais da Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.

A CIG, que informa destas protestas, chama a defender os postos de traballo ante os despedimentos masivos que prevé a entidade, e que en Galicia afectan segundo o proposto a 111 empregos da rede e a outros 11 da dirección territorial.

Segundo a central nacionalista, acordouse "unha fronte unitaria para dar resposta á ameaza de despedimento colectivo que a dirección do banco formulou". A idea é mostrar o rexeitamento "unánime" ao reaxuste do persoal e "loitar para que non se produza ningún despedimento forzoso". Os sindicatos ven "inadmisible", de feito, que unha entidade como BBVA pretenda "que sexan os traballadores os que paguen a súa reestruturación".

Edificio da sede de BBVA en Madrid, coñecido como ?A Vela?, a 22 de abril de 2021, en Madrid (España).. Isabel Infantes - Europa Press
Edificio da sede de BBVA en Madrid, coñecido como ?A Vela?, a 22 de abril de 2021, en Madrid (España).. Isabel Infantes - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta