Iniciativa para potenciar Valdeorras dende o sector da Pizarra e do enoturismo

O xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, mantivo o pasado 5 de maio unha xuntanza co presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, e a súa vicepresidenta, Montserrat Rodríguez. Obxectivo: potenciar o turismo na zona.

Por X.M. Fernández | O Barco de Valdeorras | 09/05/2021 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A xuntanza tivo como obxectivo sentar as bases para unha futura colaboración máis continuada entre ambos organismos de cara a potenciar o turismo no territorio, tanto dende o ámbito industrial como dende o enoturístico.

Joaquín Sánchez. Foto: Ruta do Viño de Valdeorras
Joaquín Sánchez. Foto: Ruta do Viño de Valdeorras

Tal e como destacou González ao finalizar a xuntanza “foi unha reunión produtiva de traballo” entre dous organismos “que teñen moito que dicir na economía de Valdeorras”. “Establecer sinerxias e promover proxectos de colaboración en común entre o Clúster da Pizarra e a Ruta do Viño foi o obxectivo desta primeira xuntanza”, asegurou Severino González.

O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, pola súa parte, afirmou que “queremos comezar unha relación estable e continuada, que desenvolveremos en base a un convenio que redactaremos nos próximos meses”.

Encontro do Clúster da Pizarra e a Ruta do Viño de Valdeorras. Foto: Jorge Isla
Encontro do Clúster da Pizarra e a Ruta do Viño de Valdeorras. Foto: Jorge Isla
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta