Expoñen trabas burocráticas para acceder ás axudas para retornados e acceso á residencia

Algúns bolseiros explicaron os problemas que teñen para tramitar a residencia cando non teñen a nacionalidade española, así como as súas inquietudes e dúbidas en canto á posta en marcha dun negocio ou á procura de emprego para quedar en Galicia.

Por E.P. | VIGO | 06/05/2021 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Os beneficiarios das bolsas BEME, convocadas pola Xunta e dirixidas a galegos retornados ou descendentes de galegos, trasladaron este xoves as dificultades que se atopan ao chegar á comunidade, entre elas, as trabas burocráticas para acceder á residencia cando non teñen a nacionalidade española.

Así o expresaron durante un encontro que se celebrou en Vigo co secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e no que participaron bolseiros que están a cursar 'máster' na Universidade de Vigo.

Trátase de estudantes que obtiveron en 2020 una destas axudas de excelencia que outorga a Secretaría Xeral para poder ampliar estudos superiores e cuxa finalidade, ademais de atraer a mozos que se foron de Galicia, é tamén lograr que fixen a súa residencia definitiva na comunidade.

Na reunión deste xoves, os bolseiros explicaron os problemas que teñen para tramitar a residencia cando non teñen a nacionalidade española, así como as súas inquietudes e dúbidas en canto á posta en marcha dun negocio ou á procura de emprego para quedar en Galicia.

Actualmente, hai 162 estudantes deste programa de bolsas cursando algún 'máster' nalgunha do tres universidades galegas (algúns continúan estudos desde o curso anterior) e, segundo lembrou a Xunta, o número de prazas ampliarase para o curso 2021-22, de 150 a 200. Así, o goberno galego destina 1,72 millóns de euros para a captación deses titulados universitarios de "currículo brillante", residentes no estranxeiro.

Os beneficiarios destas bolsas han de ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, e deben acreditar un mínimo de 2 anos vivindo no exterior. Así mesmo, deben estar admitidos na preincripción dalgún dos 'másteres' das universidades galegas.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, con beneficiarios das bolsas BEME. XUNTA DE GALICIA
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, con beneficiarios das bolsas BEME. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta