Temas: FOLGA UGT H&M

Persoal de H&M da provincia da Coruña estará en folga durante este sábado e o 15 de maio

O motivo da folga é a intención da empresa de aplicar un ERE e unha modificación substancial das condicións de traballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O sindicato provincial da federación de servizos, mobilidade yconsumo de UGT Coruña convoca folga nas tendas de H&M da provincia da Coruña os días 8 e 15 de maio.

Ademais, celebraranse senllas concentracións na praza de Marineda City ás 12,00 horas, esas mesmas xornadas. O motivo da folga é a intención da empresa de aplicar un ERE e unha modificación substancial das condicións de traballo.

A compañía pretende reducir o persoal, con despedimentos nalgúns casos e redución de horas noutros, isto no centro de Marineda City. En canto ao centro de Ferrol a empresa pretende despedir a todos os traballadores e pechar a tenda, informa UGT.

Tenda de H&M
Tenda de H&M

Temas: FOLGA UGT H&M
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta