Yolanda Díaz advirte á banca que "non son tempos de despedimentos"

"Hai que saír desta crise colectivamente e facer esforzos entre todos e espero que se actúe en consecuencia", di. Trabajo require a BBVA e CaixaBank rigorosidade na negociación dos ERE e que traten de reducir despedimentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, advertiu á banca que "non son tempos de despedimentos", ao ser preguntada polo requirimento feito desde o Ministerio a BBVA e Caixabank para que sexan "estritamente rigorosos" coas formalidades do período de consultas dos seus expedientes de regulación de emprego (ERE).

En declaracións aos xornalistas, a ministra lembrou que a reforma do PP "eliminou do Estatuto de Traballadores a autorización administrativa que había respecto dos despedimentos colectivos". "E, por tanto, non temos posibilidade legal de actuar sobre os despedimentos colectivos", recoñeceu.

No entanto, incidiu en que, co requirimento enviado a ambas as entidades, o que se busca é "facer unha advertencia legal". "E lembrar que antes de formular un despedimento teñen que presentar medidas alternativas, un plan de acción social que expoña razóns diferentes ao último cociente que son os despedimentos masivos", insistiu.

Yolanda Díaz subliñou, ademais, que "moitas desas entidades financeiras recibiron inxentes contías públicas". "E están a ter beneficios", engadiu ao expor os seus argumentos sobre os escritos remitidos.

"Hai que saír desta crise colectivamente e facer esforzos entre todos e espero que se actúe en consecuencia", engadiu en declaracións aos xornalistas antes de asistir á presentación do libro 'A estabilidade fiscal en España: os deberes pendentes", do economista Santiago Lago.

La Vela, edificio BBVA en Madrid
La Vela, edificio BBVA en Madrid

"RIGUROSIDADE"

Por outra banda, o Ministerio de Traballo, a través da Dirección Xeral de Traballo, requiriu formalmente a BBVA e a CaixaBank que sexan "estritamente rigorosos" coas formalidades do período de consultas dos seus Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), cuxas primeiras medidas a debater deben estar destinadas a evitar ou reducir os despedimentos expostos polo banco.

En senllos escritos de advertencia enviados a ambas as entidades, sindicatos e Inspección de Traballo, aos que tivo acceso Europa Press, a Dirección Xeral de Traballo confirma que recibiu as comunicacións de despedimento colectivo presentadas por BBVA e por CaixaBank e resalta que o regulamento para estes procedementos establece que a autoridade laboral debe velar pola efectividade do período de consultas, cuxo desenvolvemento "debe axustarse a unha serie de condicións de forma e de fondo".

Por iso, envía un requirimento a ambas as entidades para lembrarlles que "deben cumprirse todos e cada un" dos requisitos formais enumerados na norma complementaria, adquirindo "especial transcendencia" nos presentes ERE os requisitos de fondo, "dado que a intención empresarial comunicada presenta elementos de especial gravidade e transcendencia, tanto polo impacto que ten sobre o emprego, como, en particular, polos seus efectos sobre as persoas traballadoras, sobre as que eventualmente resulten afectadas o despedimento comunicado e tamén sobre aquelas que non o sexan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta