Denuncian o despedimento dunha traballadora polo seu papel nas folgas da limpeza en Correos

A CUT destaca que se a empresa mantén o seu despedimento estaría a cometer unha "grave vulneración dos seus dereitos fundamentais á sindicación e á folga".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/05/2021 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) denuncia a represión sindical no centro que Correos mantén en Lavacolla (Compostela) contra unha traballadora da limpeza que nos últimos días foi despedida pola súa participación nas folgas do 8 de marzo e do 22 de abril, esta última no marco da loita por un convenio digno para o sector na provincia da Coruña. En ambas as dúas folgas, fixéronse repartos de material informativo sobre os dereitos das traballadoras neste centro da empresa pública de Correos.

Protesta de traballadoras fronte a sede de Correos en Lavacolla (Santiago)
Protesta de traballadoras fronte a sede de Correos en Lavacolla (Santiago) | Fonte: CUT

A través dun comunicado, a CUT esixe a inmediata readmisión da compañeira desta central sindical e apunta que, "se a empresa mantén o seu despedimento, estaría a cometer unha grave vulneración dos seus dereitos fundamentais á sindicación e á folga".

A CUT destaca que se a empresa mantén o seu despedimento estaría a cometer unha "grave vulneración dos seus dereitos fundamentais á sindicación e á folga". Dende a Secretaría das Mulleres denuncian, ademais, a criminalización da acción sindical feminista, "xa que non é casual que o motivo de despedimento sexa a participación da traballadora en dúas folgas esenciais na loita polos dereitos das mulleres traballadoras e dentro dun dos sectores máis feminizados e precarizados como é o das limpezas".

“As mulleres traballadoras estamos xuntas todas a unha nas rúas, nos centros de traballo, nas organizacións, nas folgas, nas mobilizacións, todas nós en pé defendendo os nosos dereitos e o das nosas compañeiras e respostaremos por todas e cada unha das nosas compañeiras”, sosteñen dende esta Secretaría.

A Central Unitaria de Traballadoras organizou o pasado día 12 de maio unha protesta ante o centro de Correos en Lavacolla e anuncia que proximamente haberá novas convocatorias de protestas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta