Temas: LUGO CINE

Case 1.500 filmes aspiran a formar parte da Semana de Cine de Lugo

Celebrarase do 20 ao 26 de setembro

Por E.P. | Lugo | 21/05/2021 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

Fonmiña, a organizadora da Semana de Cine de Lugo, recibiu un total de 1.474 filmes, entre longametraxes e curtas, que agora serán seleccionadas para a súa programación neste evento cultural.

Sala de cinema. JCCM
Sala de cinema. JCCM

Diso informou o presidente de Fonmiña, Xulio Xiz, quen lembrou que a Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo, que cumpre xa 43 edicións desde que arrincase en 1978, celebrarase do 20 ao 26 de setembro.

O pasado día 2 de maio pechouse a "cota" de películas que, na súa maioría, foron recibidas a través de dúas plataformas. Ademais, 46 foron presentadas de forma directa a través dos directores ou produtores e 12 remitidas polos distribuidores.

Xulio Xiz destacou o "satisfeitos" que están os organizadores pola gran "participación" nesta preselección destas producións, que agora terán que ser seleccionadas para a súa proxección. Así, avanzou que serán "sobre cen" as que finalmente concorran á programación que se faga.

O presidente de Fonmiña subliñou a alta presenza de cinema galego, "con 29 películas presentadas, o que evidencia que o cinema galego ten moita vida, está totalmente vivo".

Finalmente, confiou en que a selección das producións que se proxectarán durante a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo estea xa concluída "ou ben na última semana de xuño ou na primeira de xullo".

Do total de películas preseleccionadas, 923 son producións do Estado español, 42 proceden de Brasil, 39 de Francia, 38 de Arxentina, 19 de México e 11 americanas.

Temas: LUGO CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta