Ribadavia reivindica o viño do Ribeiro, consolidada como o segunda D.O. en volume de produción de Galicia

Por E.P. | Ourense | 28/05/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Ribadavia reivindicou este venres o seu viño, o ribeiro, consolidado como a segunda denomicación de orixe en volume de produción de Galicia.

O conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na Feira do Viño do Ribeiro
O conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na Feira do Viño do Ribeiro | Fonte: Delegación do Goberno.

O concello ourensán celebrou este venres a 58ª edición da Festa do Viño do Ribeiro, unha cita á que se achegaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

Alí, o responsable autonómico enxalzou tanto "o carácter propio e distintivo dos viños do Ribeiro" como o esforzo dos adegueiros que o producen á hora de "elaborar produtos de calidade, personalidade e arraigamento" a Galicia "a través do respecto á tradición".

Pola súa banda, o delegado do Goberno destacou que o "escenario inigualable" que forman as rúas e prazas de Ribadavia representa "o mellor escaparate" para o ribeiro.

Ambos os mandatarios resaltaron o traballo de produtores e adegas para consolidar esta denominación de orixe como unha referencia a nivel galego e estatal, á vez que subliñaron a importancia do vínculo existente entre o mundo vitinícola e o turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta