Morre atropelado diante da súa casa en Ortigueira

Trátase dun home de 70 anos que faleceu na noite deste domingo.

Por Galicia Confidencial | Ortigueira | 31/05/2021 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Un home de 70 anos faleceu ao ser atropelado por un vehículo cando se atopaba nas inmediacións da súa vivenda, no lugar de Nogueirido, na parroquia de Senra, no municipio de Ortigueira (A Coruña).

Actuación da Garda Civil
Actuación da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL DE TRÁFICO

O home atopábase fóra da calzada, sobre as 23,00 horas deste domingo, á beira dun vehículo que estaba estacionado, na estrada AC-862 (Ferrol-Ortgueira), cando outro que circulaba pola zona saíu da estrada e atropelouno, polo que faleceu no acto.

Á zona desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que só puideron certificar o deceso do home, ademais de axentes da Gorida Civil de Tráfico e do GES de Ortigueira.

Para permitir o levantamento do cadáver desprazouse á zona unha comisión xudicial. O corpo sen vida do home ao Hospital Naval de Ferrol para poder practicarlle a autopsia.

FERIDA

Ademais, unha muller que se atopaba no interior do vehículo que recibiu o impacto, no asento do copiloto, resultou tamén ferida. A muller foi trasladada por unha ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta