Por E.P. | Ourense | 03/06/2021 | Actualizada ás 18:41
A concelleira de mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou que o aparcadoiro da Intermodal de Ourense estará concluído no próximo mes de xullo. Vázquez fixo este anuncio durante a súa visita ás obras do aparcadoiro da intermodal de Ourense, executadas por Adif cun orzamento de 6,7 millóns dos que case catro están financiados pola Xunta de Galicia.
A titular de Infraestruturas afirmou que, aínda que "leva atraso nas previsións iniciais", espera que o aparcadoiro estea rematado en xullo, o que suporía o peche da primeira fase da estación á espera da execución da área ferroviaria.
O novo parking terá 9.000 metros cadrados distribuídos en dous andares cun total de 300 prazas. Contará con tres accesos peonís: para os usuarios da terminal de autobuses, para os do ferrocarril e o uso para facilitar a entrada dos veciños do barrio da Ponte.
Ethel Vázquez realizou un chamamento ao Ministerio de Transportes para impulsar a reforma da estación ferroviaria, tendo en conta que a Xunta "cumpriu co seu parte".
Neste sentido, lembrou que a Xunta solicitou a comisión de seguimento para que o Ministerio informe "as previsións de actuación na estación".
Así mesmo, Vázquez destacou a "boa acollida" da terminal de autobuses da que subliñou "permite un intercambio directo e áxil entre bus e tren en só 30 segundos proporcionando unha intermodalidad plena".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.