A CIG aposta por continuar coas mobilizacións para "impedir" os despedimentos e "a precarización" no BBVA

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/06/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A CIG aposta por continuar coas mobilizacións e as medidas de presión para tratar de conseguir que o BBVA retire de encima da mesa a proposta de despedimentos e "de precarización" das condicións laobrales.

Un home suxeita un cartel no que se le: 'Bonus directivos 158.000.000' durante unha concentración contra o ERE de BBVA, no Paseo de Recoletos, a 17 de maio, en Madrid (España)
Un home suxeita un cartel no que se le: 'Bonus directivos 158.000.000' durante unha concentración contra o ERE de BBVA, no Paseo de Recoletos, a 17 de maio, en Madrid (España) | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press.

Segundo reivindica, foi a mobilización a que "obrigou ao banco" a presentar unha proposta de redución do impacto dos expedientes, con recolocacións.

Con todo, advirte de que "aínda que pareza que o banco está a dar pasos importantes, a realidade é que o esforzo que tentan vender é mínimo".

Por iso chama a "manter e intensificar" as accións de protesta e avanza que "nunca" asinará un acordo "coas premisas das que parte" o BBVA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta