A Fegamp demanda fondos a Goberno central e Xunta e advirte da situación de "risco" de servizos esenciais

Por E.P. | A Coruña | 18/06/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) volveu demandar fondos a Xunta e Goberno central e advertiu da situación de "risco" de servizos esenciais como o Servizo de Axuda ao Fogar.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manteñen unha reunión
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manteñen unha reunión | Fonte: Europa Press

Fíxoo tras unha reunión do seu presidente, Alberto Varela, coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Tras ela, Varela reiterou á Xunta e ao Goberno central que é "imprescindible" a participación activa dos concellos na reconstrución e a transferencia urxente de fondos.

Varela e Rey coincidiron na urxencia dunha repartición e financiamento. "O diñeiro ten que chegar xa aos concellos, xa que somos a única administración que estamos a enfrontar todo isto cos nosos propios medios, a diferenza da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado que si recibiron transferencias", dixo sobre o contexto de pandemia.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña defendeu que, desde o inicio da pandemia, o goberno local asumiu competencias da Xunta.

"Somos as administracións locais as que lle estamos a dar resposta aos sectores máis prexudicados pola crise con recursos propios e sen ter achegas como as que tivo a administración autonómica", expuxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta