Feijóo, tras criticar a Jácome, apoia agora volver pactar con el en Ourense

Xustifica este cambio ao dicir que tamén o PSdeG "quería pactar con Jácome no concello e con Democracia Ourensana na Deputación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegura que "o PP de Ourense está disposto a que a cidade teña un goberno", aínda que "iso xa non depende soamente do PP", despois de que o alcalde da cidade das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourense), solicitase por carta aos populares que regresen ao executivo local.

"Imos tentar darlle estabilidade á cidade", afirmou Núñez Feijóo a preguntas da prensa en Ourense antes de participar na xunta directiva provincial do PP. A este respecto, remarca que "Ourense está nunha situación manifestamente mellorable, non se pode gobernar a terceira cidade de Galicia con tres concelleiros".

Na súa misiva, o rexedor de DO realizou esta proposta aos populares con varias condicións como que haxa un respaldo ás súas promesas dun centro de intelixencia artificial e a un parque acuático. A isto respondeu o PP de Ourense con outras premisas que pasan por avanzar na PXOM e a defensa do termalismo, entre outros.

Respecto diso, Núñez Feijóo dixo que "as propostas do grupo municipal do PP están aí, están por escrito". "Se somos útiles, se se recupera a estabilidade no goberno, estamos dispostos a falar co tres concelleiros de DO e o alcalde", expón. "Evidentemente, se o alcalde non quere falar ou pensa que isto se pode facer sen a concorrencia do Partido Popular de Galicia, pois iso non sería posible", agrega.

"Pensamos desde o inicio da lexislatura que gobernase a lista máis votada no Concello e na Deputación, pero o PSOE, de forma reiterada e constante, incumpriu esa proposta", recrimina. "De feito, o que pretendía (o PSOE) era gobernar con Jácome no Concello e gobernar con Democracia Ourensá tamén na Deputación", apostila o presidente do PPdeG.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacóme, e o titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacóme, e o titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Normal. Jácome 4, Villarino 0. Eso le pasa al PSOE por prepotencia y chulería. Jácome será lo que se quiera, pero también se podría hacer un libro de como no se debe actuar jamás en política tomando como ejemplo los modos, personas y maneras del PSOE en Orense durante los últimos 20 años.