Os xulgados galegos ditaron un milleiro de sentenzas sobre cláusulas abusivas no primeiro trimestre

Desde a súa posta en marcha, en 2017, estes órganos xudiciais resolveron 13.834 asuntos en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Os xulgados galegos especializados en cláusulas abusivas ditaron un total de 1.037 sentenzas no primeiro trimestre destes anos, segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

Igualmente, o CGPJ acordou prorrogar ata final de ano o plan de especialización en cláusulas abusivas en dezaoito xulgados de oito comunidades autónomas, ningún deles en Galicia.

Desde a súa posta en marcha, o 1 de xuño de 2017, estes órganos xudiciais resolveron 13.834 asuntos en Galicia, o que supón o 66,6% dos 20.763 ingresados desde entón. Unha taxa de resolución superior á media española (62,6%).

Pola súa banda, durante os primeiros tres meses de 2021 ingresaron 1.249 asuntos nos xulgados de Galicia sobre cláusulas abusivas, dos cales se resolveron 1.133.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta