Uxía Lambona e a Banda Molona estrea 'A Camposa de San Xoán'

O grupo vigués aproveita o tradicional festexo de San Xoán para presentar o seu novo tema, acompañado dun videoclip, que fará bailar a toda a rapazada galega.

Por X.M. Fernández | Vigo | 24/06/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Ao ritmo de gaitas e música tradicional galega, o coñecido grupo 'Uxía Lambona e a Banda Molona', grupo que tivemos ocasión de entrevistar, convídanos a purificar e queimar todo o que de malo nos deixa o último ano bailando e cantando coa súa nova canción.

'Uxía Lambona e a Banda Molona' en concerto. Foto: XMF
'Uxía Lambona e a Banda Molona' en concerto. Foto: XMF

O esperado tema é “A Camposa de San Xoán”, epecialmente indicado para festexar a chegada do verán e gozar da noite máis curta e intensa do ano. Trátase dunha peza orixinal do gaiteiro rianxeiro Xosé Romero, á que lle poñen letra para falar do San Xoán, dos rituais, da tradición e a maxia desta data.

A canción foi gravada e mesturada nos Estereoarte Estudios da cidade Olívica por Luís Antelo e o videoclip foi froito de A Sombra Producións.

O grupo convídanos a festexar a tope este verán, esperando que teñamos moitas oportunidades para escoitar “A Camposa de San Xoán” en directo nos vindeiros meses, e tamén o outro tema novo do seu repertorio, “Martiño Pelegrín”, canción sobre o Xacobeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta