O número de colmeas duplicouse durante a última década e a produción de mel aumentou un 35%

Galicia é a terceira comunidade con maior número de explotacións ao sumar, con 4.663, o 14% do total; á vez que, segundo Balseiros, é "o único" territorio do norte de España que conta cunha produción "significativa" de mel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O número de explotacións de apicultura aumentou un 35% no últimos dez anos, período no que as colmeas se multiplicaron por dous ata alcanzar as 200.000. Estas cifras foron repasadas polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na súa comparecencia ante a Comisión 7ª do Parlamento, celebrada este xoves.

Alí, Balseiros resaltou que o sector apícola vive un período de "consolidación" na Comunidade galega no que ten un especial peso os produtores novos. E é que a idade media dos apicultores galegos é a segunda máis baixa do Estado. No período entre o ano 2016 e 2019, máis 80 menores de 40 anos iniciaron a súa actividade agraria neste campo.

Así, Galicia é a terceira comunidade con maior número de explotacións ao sumar, con 4.663, o 14% do total; á vez que, segundo Balseiros, é "o único" territorio do norte de España que conta cunha produción "significativa" de mel.

INICIATIVAS DA OPOSICIÓN

Ademais da comparecencia do responsable autonómico de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, a comisión deste xoves aprobou unha iniciativa do Grupo Popular (sen o apoio dos grupos da oposición) que insta á Xunta a manter este ano as axudas excepcionais concedidas ao sector do viño.

Durante o debate desta proposición non de lei, o Grupo Socialista presentou unha emenda --non aceptada polos populares-- na que expuñan a introdución dun punto para reclamar á Xunta o compromiso con dotar de axudas aos viticultores de Chantada afectados polas granizadas caídas a pasada semana no sur da provincia de Lugo.

Así mesmo, outras dúas iniciativas foron rexeitadas, ambas as dos grupos da oposición. A primeira, presentada polo BNG, propuña dirixirse ao Goberno autonómico para que adoptase "as medidas necesarias" de face a "identificar as terras agropecuarias forestadas ilegamente e repor a legalidade".

Neste sentido, o deputado Xosé Luís Riva denunciou a "falta de control" sobre as "plantacións ilegais de eucalipto" sobre as que, di, ofrece "unha amnistía velada" para os seus responsables. A segunda das iniciativas rexeitadas partía do Grupo Socialista, que expuña demandar á Xunta a concreción de medidas para facer fronte ao "mal marrón" ou "banda vermella" que provoca mortaldade entre as plantacións de piñeiros.

Imaxes do documental sobre apicultura e extracción do mel
Imaxes do documental sobre apicultura e extracción do mel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta