Feijóo responsabiliza ao Goberno de Sánchez do colapso da Atención Primaria en Galicia

"É un problema de falta de medios do Goberno de España", di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/06/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Os numerosos problemas da Atención Primaria en Galicia son tamén un problema do Goberno de Pedro Sánchez. Iso foi o que veu dicir este xoves o presidente da Xunta ante a situación de colapso que viven numerosos centros de saúde, entre eles, os da Guarda, Cangas ou Burela. "Iso é un problema de falta de medios de España", destacou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Feijóo visita as novas instalacións de urxencias do Hospital do Barbanza.. Xunta de Galicia
Feijóo visita as novas instalacións de urxencias do Hospital do Barbanza.. Xunta de Galicia

Así, defendeu que o Goberno galego xa fixo todo o que está na súa man para evitar o colapso, "contratando a todo o persoal que está na nosa man" pero dixo que Madrid "denega novas ofertas públicas de emprego" e tamén non quere que se abran novas oportunidades para aqueles que suspenderon o examen MIR. "Polo tanto non se pode dicir que sexa responsabilidade da Xunta", destacou, "xa que nos están negando todas as ferramentas para evitalo".

En todo caso, recoñeceu "problemas" nos centros de saúde das vilas máis turísticas de Galicia pola afluencia de xente no verán. "Non hai médicos para substituír aos que collen vacacións e é un déficit estrutural que temos de médicos de familia", engadiu. Por iso, responsabilizou desta situación ao Goberno español como tamén o é, dixo, "a suba da luz". "Con todo, nós seguimos traballando desde as nosas competencias para mellorar a situación", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chus Freiría

E non será que forman especialistas e cando acaban deixan que se vaian. Ofertelles dende as xerencias contratos atractivos, dignos, .... e xa vera como teñen mais médicos de familia. A responsabilidade é da Xunta e non do Governo Central, é a xunta quen ten poder de contratación e a sanidade esta transferida