A Xunta retirara o financiamento extraordinario para a pandemia en 2021

Di que é porque "xa esta" baixo control a situación sanitaria e "vólvese paulatinamente á normalidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia deu inicio á elaboración dos orzamentos autonómicos para 2022 coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das normas polas que se rexerán estas contas orientadas a "impulsar a recuperación económica e o emprego".e na qe non haberá partidas extraordinarias para facer fronte ás urxencias da COVID.

Todo iso, segundo recolle a orde publicada este mércores, "partindo da estratexia Next Generation Galicia e do Plan estratéxico Galicia", que se basean no "crecemento sustentable e cohesionado social e territorialmente, profundando na innovación e no coñecemento como vía de desenvolvemento".

O texto, rubricado polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, sinala que "unha vez que empeza a estar baixo control a situación sanitaria e vólvese paulatinamente á normalidade", a recuperación económica, o emprego e o modelo de desenvolvemento futuro pasan a ocupar "un papel protagonista nos obxectivos do orzamento autonómico".

Tras apuntar que a Comisión Europea elevou as previsións de crecemento para España, lembra que a Unión Europea puxo a disposición dos Estados membros toda unha serie de recursos financeiros reintegrables e non reintegrables para facilitar que se aproveite a recuperación modernizando a estrutura económica.

Para iso, destaca que a Xunta elaborou unha estratexia Next Generation que fixa as liñas de actuación para a recuperación da capacidade produtiva e o emprego. Ademais, apunta que o desenvolvemento dunha economía verde e circular, a innovación e o deseño deben colaborar a establecer unha mellor imaxe de marca das empresas galegas que se situarán mellor no marcado mundial, aumentando o seu tamaño e a súa capacidade para enfrontar con solvencia próximas crise.

DIMINUCIÓN DE RECURSOS

A orde contempla que, por unha banda, a achega de recursos extraordinarios para paliar as urxencias da COVID desaparecerán o próximo exercicio e, con elas, o gasto non consolidable que financiaban. Por outra banda, indica que non se espera unha evolución favorable dos recursos do sistema de financiamento debido á liquidación do exercicio 2020, que detraerá recursos orzamentarios en 2022 no canto de realizar achegas como ocorre na normalidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello da Xunta. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello da Xunta. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta