Galicia ten un 5% do total de gasolineiras automáticas do país, a segunda menor porcentaxe do Estado

A pandemia do COVID acelerou a apertura de estacións de servizo con tecnoloxía para operar en réxime automático as 24 horas do día, cuxa implantación creceu o 22% en 2020.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/07/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Galicia ten no seu territorio o 5% do total de gasolineiras automáticas do total das estacións de servizos do país, unha cifra por baixo da media nacional, onde este tipo de instalacións supoñen xa o 12,5 por cento do total.

Segundo datos da Asociación Nacional de Estacións de Servizo Automáticas (AESAE), a pandemia do COVID acelerou a apertura de estacións de servizo con tecnoloxía para operar en réxime automático as 24 horas do día, cuxa implantación creceu o 22% en 2020.

En termos absolutos, este tipo de gasolineiras alcanza xa os 1.277 puntos de distribución en toda a Península, Baleares e Canarias, tras continuar desenvolvendo os seus plans de expansión a pesar da crise sanitaria.

No entanto, o modelo ábrese paso de maneira heteroxénea en España, segundo o estudo, que non contabiliza nin as estacións dos hipermercados nin as cooperativas agrarias.

Así, Cataluña continúa sendo a comunidade autónoma con máis gasolineiras automáticas, cun 22% de penetración sobre o total. Séguenlle Valencia (18%), Madrid (14%), A Rioxa (13%) e Andalucía (12%). O resto atópanse por baixo da media nacional (12%).

No outro extremo, atópanse comunidades con pouco peso das automáticas no 'mix' de subministración como Canarias (2%), Galicia (5%), Cantabria (6%) e Navarra (6%). Outras comunidades achéganse á media, pero seguen por baixo, como Castela e León (11%), Estremadura (10%), País Vasco (9%), Castela-A Mancha (8%) e Aragón (8%).

A asociación estima que o crecemento rexistrado durante o ano pasado debeuse, en boa medida, á progresiva supresión de barreiras contrarias á libre competencia en distintas comunidades autónomas.

Ademais, destaca que a aceptación do modelo por parte dos condutores españois foi outro factor fundamental para a consolidación do sector como alternativa ás gasolineiras tradicionais grazas ao prezo que ofrecen e a calidade dos carburantes.

De todas as maneiras, AESAE cre que este crecemento, que non só beneficia ao consumidor senón tamén á contorna da estación que se ve obrigado a baixar os seus prezos, pódese ver truncado polas novas trabas que preparan algunhas administracións locais.

Por iso, a asociación insta as autoridades competentes a vixiar posibles burbullas oligopolísticas para crear un auténtico mercado libre, onde o consumidor poida elixir libremente onde e como encher.

Gasolineira Plenoil Meaño (Pontevedra). PLENOIL
Gasolineira Plenoil Meaño (Pontevedra). PLENOIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta