As primeiras axudas da Xunta aos cinemas irán a 21 salas de 13 localidades

O Goberno galego adxudicou case 240.000 euros nesta primeira convocatoria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia adxudicou case 240.000 euros no marco da primeira convocatoria de subvencións á exhibición cinematográfica, da que resultaron beneficiarias 15 empresas para o desenvolvemento de proxectos en 21 salas de cinema de 13 localidades.

Deste xeito, segundo indicou o Goberno galego, dáselle así resposta á totalidade das propostas e contías solicitadas no marco desta nova medida, acordada co sector, que busca contribuír á viabilidade deste tipo de espazos e reducir o impacto da crise sanitaria na súa actividade.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantivo este luns un encontro cos representantes de dous das salas beneficiarias: Xan Gómez, de Numax de Santiago de Compostela, e Luís Rivadulla, de Minicines Central da Estrada, integrantes así mesmo de Promio, a nova rede de exhibición independente a nivel estatal.

Xunto con elas, tamén figuran na resolución publicada este unes na web da Agadic os Cinemas Avenida de Caldas de Reis, Cantóns Cinema, Cinesa Marineda e Cinemas Yelmo Espaico Coruña e Os Rosales da Coruña, Dúplex de Ferrol, Codex Cinema e Cinemas Cristal deLugo, Cinemas Pontevella de Ourense, Cinexpo Vialia de Pontevedra, Cinemas Ribadeo, Cinesa As Cancelas de Santiago de Compostela, Cinemas Salesianos, Gran Vía, Praza Elíptica e Helmo de Vigo, Cinemas Gran Arousa de Vilagarcía, Cinemas Viveiro e Cinema Gesma de Xinzo de Limia.

ADAPTACIÓN DIXITAL E SANITARIA

A Xunta sinalou que as contías se outorgaron en función do número de pantallas dos cinemas, primando ademais as situacións en localidades de menos 25.000 habitantes e a proxección de filmes en versión orixinal.

Serán destinadas especificamente á adaptación dixital e sanitaria dos espazos, a campañas para a captación de públicos e para a promoción do audiovisual galego, ao reforzo da programación de producións galegas e europeas e a accións especiais, como descontos ou invitacións, dirixidas á infancia, á mocidade e a colectivos profesionais recoñecidos polo seu labor durante a pandemia.

Esta nova vía de apoio, dotada na súa convocatoria con 350.000 euros, enmárcase nos obxectivos asumidos polo Goberno galego a través do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19, especialmente no referido a a reactivación da actividade e ao mantemento do emprego. Dentro desta mesma dinámica, as salas de cinema contaron o ano pasado cun programa extraordinario de apoio por 120.000 euros.

Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo
Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta