"Son a roja de sempre"

Carmen Iglesias pedirá a adscrición ao grupo de AGE. Esta coalición decide esta semana o seu futuro, aínda que todos os partidos son partidarios de non aceptala. Ela insiste en ser deputada, sexa neste grupo ou "no Grupo Mixto".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Son a roja de sempre". Así se presentaba este luns a futura deputada da Cámara galega Carmen Iglesias, que entra en substitución de David Fernández Calviño. Sen embargo, o seu futuro dentro desta institución aínda está no aire.

Carmen Iglesias, aínda deputada de Esquerda Unida
Carmen Iglesias, aínda deputada de Esquerda Unida | Fonte: diarioliberdade.org

"Eu teño intención de pedir a adscrición ao grupo de AGE", apuntaba ao recoller a súa acta nun trámite que, curiosamente, realizou acompañada dun asesor. Sen embargo, a súa intención pode quedar só niso, nunha intención, xa que o grupo no que foi elexida non a quere entre os seus membros.

Precisamente, a interparlamentaria de AGE reunirase esta semana para decidir o seu futuro, aínda que todas as formacións que integran esta coalición -Anova, Eu, Espazo Ecosocialista e Equo- están de acordo en que non forme parte do grupo.

"Ética política"

"É unha cuestión de ética política", apuntan fontes desta fronte a GC. "Ela intenta agora enmendar un pouco o que fixo pero xa non hai volta atrás. Foi moi incongruente e as súas accións teñen consecuencias graves", engaden.

Pola súa banda, Iglesias insiste en formar parte de AGE "Teñen que ser eles os que me acepten, porque vou defender o programa que defenden eles e que defendín cando fixen a campaña e o que penso que é o mellor programa político", apuntaba este luns.

Sen embargo, ela mesma recoñecía que os contactos cos membros do partido do que quere formar parte son nulos porque "non se lembraba" da última vez que falou con eles. De feito, a formación na que aínda milita, EU, abriulle un expediente que pode concluír coa súa expulsión.

En todo caso, o que si deixou claro é que será deputada, sexa en AGE, "ou no grupo mixto". A súa adaptación a nova tarefa será "día a día". "Eu veño da rúa total, nunca pisei este Parlamento, só nunha ocasión nunha protesta feminista. Vouno a tomar con calma porque quero facelo ben, se podo", concluía.

Os trámites pendentes

Carmen Igresias acudía este luns ao Parlamento galego para facer dous dos trámites imprescindibles para ser deputada na Cámara; recoller a súa acta e presentar a declaración de bens. Falta un terceiro paso para que sexa deputada formal, xurar o cargo. Pero iso será a vindeira semana, o día 16 que será cando teña lugar sesión parlamentaria. E, a partir dese día, o grupo de AGE terá cinco días para aceptala ou non baixo a súa disciplina. Será o presidente do grupo o encargado de anunciar á Presidencia da Cámara esa decisión.

A nova deputada de Ourense accederá ao escano en contra do criterio da súa formación, Esquerda Unida, que, para o equilibrio de forzas na coalición con Anova pretendía que deixase correr a lista unha vez que o deputado David Fernández Calviño, militante desta última formación, deixou o escano para dedicarse á investigación en Dinamarca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

19 Rayleigh

Di que si Carmen!! Os de ANOVA din que os CARGOS son DAS PERSOAS, a que veñen a troulear agora? O cargo é teu. Xa o dicía eu...esta señora non abandona o PCE por que alí todos están pola causa. Fan o papeliño de ofendidos para enganar os p.rvos de ANOVA e 1 mes despois quedan co carguiño. Os de ANOVA? Hai que ver que caladiños están os que se alporizaban e montaban cristos no BNG por calqueira tontería. Miña naiciña o que lles espera....Que vaian ensaiando "La Internacional". En español, of course!,...Ahh!! E a Beiras dalle igoal mentras siga saíndo nos xornais. Os que veñan detras que arreen.

1 Xoelho

Imos ver, Ray, razoa un pouquinho, se minimamente obxectivo, se podes. ¿Non dicías ti que Iolanda Díaz se portara como un_a dictadora ou algo así cando ameazou á tipa esta que se aferra ao cargo? ¿Non estás a dicir sempre que en AGE Anova está dominada polo que ti chamas o "PCE"? Entón, ¿en que quedamos? EU (para ti, o PCE) estalhe a dicir claramente á tal Carmen esa que debe deixar o seu posto a un de Anova, malia que é a ela a quen por orde na lista correspondería substituír ao deputado que deixa de selo. Ray, déixate de contos, que non sabes de que falas.

2 Xoelho

E, noutra orde de cousas, hai que dicir que a tal Carmen, tan "roja" ela, non sabe que "roja" en galego é VERMELHA. Claro que iso tamén non o saben os concelheiros e alcalde de Santiago, incluíndo os benegalhos ou benegallos do BNG, xa que desde os anos 80 do pasado século aínda non se decataron da cagada de ter un_a praza na capital de Galicia á que lhe puxeron o nome de "Praza ROXA", o cal significa en castelán algo así como "Plaza pelirroja" ou "Plaza rubia".

3 Rayleigh

Camarada Xoelho!! Para min o PCE, NON. É PCE para todos. En IU so hai seudopartidiños facéndolle os coros o PCE. Xa sabes...para dar unha imaxe de "pluraridade" FALSA, para enganar a p.rvos. Es ti un deles? O de Yolandita saiu nos xornais e parece sacado da peli "O Padriño". Que Carmenciña se ande con coidado que un día espertará cunha cabeza de cabalo na cama. Deixate ti de contos lacaio do PCE. Os cargos de quen son, rapaz? DOS PARTIDOS OU DAS PERSOAS? Se vos están vendo as vergoñas...E o teu 2º post, é delirante. A que di que é "roja" é a camarada Carmenciña do PCE e me saes coa Plaza "Roxa" de Santiago e non sei que do BNG? Deixa o licor café!! Menuda est.pidez de post.

4 Rayleigh

Levo anos e anos, lendo os choros dos trols comunistas nesta páxina. Menuda panda. Ide o psiquiatra coas vosas paranoias e manias persecutorias. Non representades A NINGUÉN. Bua bua bua O BNG di rojo! Bua bua bua a UPG que mala é!! Bua bua bua...Sabes que é o difícil de atopar aquí? A un comunista criticando ó PP. E isto vai para ti, Xoelho. Curioso...Se me dín que tes o carnet do PP e te metes nos foros como trol comunista, créomo totalmente. Acertei?

5 Xoelho

Si, seguro que acertaches, parvinho. Mira o que digo no tema da reducción dos deputados do teu amigo Feijoo: http://www.galiciaconfidencial.com/...

18 Rayleigh

Di que si Carmen!! Os de ANOVA din que os CARGOS son DAS PERSOAS, a que veñen a troulear agora? O cargo é teu. Xa o dicía eu...esta señora non abandona o PCE por que alí todos están pola causa. Fan o papeliño de ofendidos para enganar os p.rvos de ANOVA e 1 mes despois quedan co carguiño. Os de ANOVA? Hai que ver que caladiños están os que se alporizaban e montaban cristos no BNG por calqueira tontería. Miña naiciña o que lles espera....Que vaian ensaiando "La Internacional". En español, of course!,...Ahh!! E a Beiras dalle igoal mentras siga saíndo nos xornais. Os que veñan detras que arreen.

17 fuco

IU de España terá 6 escanos e dúas voceiras no Parlamento Galego!!

16 barracuda

Menuda pandilla de incompetentes los de EU. Esta coalición tiene los días contados.

15 Spidercan

E unha boa persona. É das de ir tomar uns vinhos con ela e rirte un cacho. Non se entera de moito. Moi profunda non é. Pero é unha persona, que sin ser moi intelixente, o pasas ben con ela. A mín cáeme ben. Representa ao 70% da esquerda galega. Os que son de esquerdas polas cancións de Joaquín Sabina dos 40 principales.