A Mesa critica a ausencia do uso do galego nas redes de Turismo Rías Baixas

Ante a queixa, a Deputación de Pontevedra decidiu incluír o galego en Facebook e Twitter, pero Instagram segue exclisivamente en castelán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o "uso exclusivo do castelán" en redes sociais de Turismo Rías Baixas, un departamento dependente da Deputación de Pontevedra. Nun comunicado, a entidade lembrado que o Estatuto de Autonomía, a Lei de normalización lingüística e a Lei de administración local de Galicia "protexen" o uso da lingua propia por parte das administracións públicas da comunidade.

Por iso, considerou "especialmente grave" que a institución provincial "considere xustificada a eliminación da lingua propia" ao "dirixirse a un público potencial de fóra da comunidade" ante a queixa presentada mediante a Liña do Galego. Así as cousas, a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, lamentou que a Deputación de Pontevedra conclúa que resulta "innecesaria ou mesmo daniña" a presenza do galego en comunicacións dirixidas a público de fóra de Galicia. Nesta liña, Quintas reprobou que a institución provincial "entenda que o castelán é a única lingua válida e necesaria" para achegar a terra e a cultura "a calquera persoa de calquera outro punto do planeta".

Precisamente, A Mesa destacou que, ante a queixa presentada por esta entidade, a Deputación indicase que "distingue" a estratexia de comunicación aplicada nas redes sociais da institución provincial e as de Turismo Rías Baixas, que, segundo apuntou, "diríxense a un público moito máis heteroxéneo, composto polo mercado interior galego, público nacional e tamén persoas estranxeiras".

Neste sentido, a Deputación Provincial trasladou a súa aceptación a "a convivencia do galego e o castelán" nos perfís de Facebook e Twitter de Turismo Rías Baixas, "pero insistiu en manter en Instagram a exclusiva do castelán", como a "decisión estratéxica máis conveniente para os intereses económicos do sector turístico pontevedrés" ante "o alcance e a difusión desta rede social". Ante esta situación, a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos advertiu de que "esta posición de subordinación da lingua propia" por parte dunha administración pública resulta "inadmisible" e "contraviene as leis".

Elsa Quintas, Marcos Maceira e Sara Seco. A MESA
Elsa Quintas, Marcos Maceira e Sara Seco. A MESA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta