Cantos millóns recibiu La Voz de Feijóo?

45 millóns. Esa é a cifra que estima a CIG. 750.000 deles en dous convenios desde setembro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/12/2013 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

CIG-Autonómica acaba de denunciar o diñeiro, en forma de subvencións e convenios, que a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Medios, lle dá aos grandes medios de comunicación de Galicia. "Outorga máis de 1,5 millóns en aguinaldos para comprar o favor dos medios galegos", asegura este sindicado sobre a última axuda do Goberno de Feijóo.

Unha situación da que que se beneficia, principalmente, e segundo esta central sindical, La Voz de Galicia. Este grupo de comunicación leva máis dun terzo do total da partida orzamentaria da subvención do segundo semestre aos medios (583.974,81€). Tamén leva case un terzo do orzamentado para os convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios (149.392,80€). "En total, durante o tempo que leva Feijóo no Goberno estimamos que esta empresa leva recibido da Xunta máis de 45 millóns de euros entre diferentes conceptos (subvencións, convenios e contratos)", indica.

'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.

Problemas económicos

"Cabería preguntarse cal sería a situación desta empresa, que despediu a traballadores, se non tivera recibido tal cantidade de diñeiro. En calquera caso, recentemente se ten demostrado que o ollo da Xunta para rescatar empresas en problemas non é de todo clínico", ironiza nun comunicado remitido aos medios.

Por iso, este sindicato denuncia o "uso perverso" que se fai destes convenios e subvencións cos medios e a "inxerencia política" do Goberno da Xunta nos medios "utilizando os cartos da cidadanía galega que detrae da prestación dos servizos públicos". "Resulta moi difícil de explicar, por exemplo, por que non hai diñeiro para manter a gratuídade da prestación farmacéutica hospitalaria e obrigar a repagar á cidadanía pola quimioterapia pero si sigue habendo cartos para comprar editoriais e censurar notas de prensa", engade.

Compromiso de transparencia

Neste sentido, esixe un compromiso de "transparecia" sobre a publicidade institucional e un cambio na  "publicidade institucional en negro" que supoñen as subvenciónse e os convenios de colaboración cos medios dos diferentes departamentos da Xunta.

O pasado setembro o DOG publicaba os convenios de colaboración da Secretaría Xeral de Medios con diferentes editoriais de xornais galegos. Hai quince días tamén esta mesma secretaría xeral publicaba as subvencións concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión. En total, máis de millón e medio de euros, en só duas resolucións dun mesmo departamento en menos de tres meses. Iso sen contar os convenios anuais que tamén as distintas consellerías asinan cos principais medios galegos.

Santiago Rey, editor de La Voz
Santiago Rey, editor de La Voz | Fonte: novaeconomiaforum
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

13 X.G.

¿45 millóns? Nin de coña. Quen lles dera que fose certo!!. Esta vez foiselles a man aos compañeiros da CIG.

12 Tom

la voz anti gallega = corrupción = pp

11 flautas

É por iso que "Feijoo salva NCG" na portada de hoxe e non a realidade. Suma e segue...

10 frijoles

fe-i-jons

9 Vence Tho

Si, de verdade, antes de ver causas do veciño, os da casa de cada quen, preguntade a Parracho como vai iso das subvencións, coitadiños, de que outra vive a CIG: 60000 afiliados a 8 euros o mes, disque para mais de 250 aliñados nacionalistas de base coas suas dietas, mobiles, boas papadas, pois iso, que o da voz, o da igrexa, e similares cheira, pero e o noso???

1 Afiliado de base da CIG

Coido que a finalidade das subvencións da igrexa, dos medios de comunicación, dos partidos políticos, das festas gastronómicas, dos clubes de fútbol, das organizacións empresariais e dos sindicatos son todas ben diferentes; unhas máis clientelares, outras menos, unhas con máis utilidade pública, outras con menos e unhas máis beneficiosas para a clase traballadora e outras menos. Con todas as cousas mellorables e estando de acordo na renuncia a calquera subvención pública, coido que as accións da CIG van máis aló que os seus gastos correntes e basta mirar de vez en cando os medios (os que publican algo) ou as rúas.