Nace unha nova organización da mocidade comunista galega

Esta formación, vinculada á FPG, da por rematada a súa etapa de reflexión e pretende seguir os pasos de ADIANTE.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/12/2013 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Uns meses despois de ter iniciado un proceso de reflexión interna, a mocidade independentista revolucionara do Proceso MIR acaba de dar por concluída esta etapa para dar comezo a outra nova: a constitución da organización da mocidade comunista galega.

Por iso, este sábado, terá lugar o congreso constituínte e a elección do Comité Central baixo o lema “Das loitas da mocidade ás filas da revolución". Terá lugar no barrio de Teis (Vigo), lugar que "ten un especial significado para o comunismo independentista", segundo apuntan nun comunicado, por ser onde residiu o sindicalista Moncho Reboiras --asasinado nunha folga na última fase do Franquismo-- e berce tamén do líder obreiro Abelardo Collazo.

"Desde a nova organización, nós, a mocidade revolucionaria galega pretendemos continuar a andaina que no 2004 comezamos con ADIANTE e cubrir o espazo político que ficou baleiro tras a súa disolución", recolle esta nota remitida aos medios. "Pretendemos construír unha ferramenta sólida e forte, para que a mocidade coma parte da clase obreira tome o ceo por asalto, camiñando conxuntamente coa nosa organización irmá, a FPG, baixo os parámetros de independencia, socialismo e feminismo", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

10 cerne

Menos da metade da gente de Adiante, concretamente a parte mais afim à linha de Anova-FPG. Está claro que o desnorte de parte do independentismo afecta a todas as idades.

9 Trapalleira

Pois, pra marcar a diferencia cos anteriores comentarios, eu felicito á chavalada esta polo seu nacemento. Alomenos xa fixeron algo, máis do que se pode dicir doutros peixes podres.

8 da masa rebola...

mañan mismo ca axuda dos meus 4 gatos e o can monto outra, porque sera que todas estas sopas de letras soen ser de esquerdas e case ningunha de dereitas?? pregunto

7 Langrán

E o aparato da FPG, despóis de crear un clima insufrible no interior de Adiante para forzar a súa disolución e librarse así do seu sector maioritario, cada vez máis rebelde coas súas vellas formas, agora por fin conseguiu crear unhas mocidades estrictamente ferrinianas cun pequeno grupiño de mozos que sempre se mantiveron incondicionalmente fieis a todas as súas directrices. Curioso proceso mentres en Anova, a propia FPG está a sufrir a dura persecución de un aparato moito máis poderoso que o seu: o aparato palleirista. Pois iso, que estes non aprenden, porque ben ridículo é facer de portas para dentro o mesmo se está a criticar de cara afóra. Ante todo, sorte para a FPG e os seus mozos.

1 comunista independentista

E onde vai ese sector "maioritario"? E que facía dentro de Adiante se era un "sector" anti-FPG? O que pos non ten nin pés nin cabeza.

2 Bolxevique

A resposta a iso atoparala respostando ao porqué da xa non existencia de Adiante e á súa vez o porqué da creación exprés de un novo proceso que tanta presa ten por impulsar unha organización da mocidade que peche filas en torno á FPG de un xeito impensábel na anterior Adiante polo seu carácter eminentemente autónomo.

6 Camelo

Interesante, dicídeme onde queda iso que vou para alá vender a miña mercadoría. Creo que vou facer bo negocio