A Xunta considera que a bandeira "Galicia Calidade" nos portos deportivos sinala Galicia como "destino seguro"

Francisco Conde recalca que esta bandeir vai ser un reclamo para impulsar o sector turístico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, recoñeceu que a bandeira de 'Galicia Calidade' nos principais portos deportivos galegos "reivindica" Galicia como "destino turístico sustentable, seguro e de calidade" e contribúe á recuperación do sector.

Francisco Conde asistiu este venres en Sanxenxo ao izado da bandeira de 'Galicia Calidade' no Club Deportivo Nauta e no Real Club Náutico. Ao mesmo tempo, o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, facía o propio no Club Náutico de Portonovo.

Tal e como destacou a Consellería de Economía nun comunicado, un total de 14 portos deportivos galegos dispoñen xa desta acreditación, dos que 11 --entre os que se atopan Sanxenxo e Portonovo-- contan, ademais, coa bandeira azul. Así, sinalaron, Galicia é líder, tamén, en número de náuticos recoñecidos coa Q de Calidade Turística de España, con seis de cada dez instalacións con este distintivo.

"É o momento de reivindicar todo este potencial porque este tipo de instalacións contribúen a xerar unha oferta turística de calidade e competitiva en Galicia. A bandeira de Galicia Calidade recoñece a súa localización, o equipamento do que dispoñen e os servizos que ofrecen, en moitos casos, cunha oferta gastronómica que incrementa suatractivo turístico", explicou o vicepresidente segundo do Goberno galego.

O departamento da Xunta lembrou que o Executivo autonómico acaba de presentar o 'Plan Galicia destino seguro 2021-2023', dotado con 478 millóns de euros e que vai mobilizar 950 millóns "para impulsar a recuperación do sector". Nese sentido, o vicepresidente económico recalcou que a bandeira de 'Galicia Calidade' vai ser un reclamo para impulsar este sector "reivindicando aquilo que o fai un destino único e exclusivo: a calidade".

Arquivo - Campionato de España de 6M, Trofeo Xacobeo, RCNS 2020 ©Sailingshots by María Muiña Photography. MARIA MUINA - Arquivo
Arquivo - Campionato de España de 6M, Trofeo Xacobeo, RCNS 2020 ©Sailingshots by María Muiña Photography. MARIA MUINA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta