Intervidas 6 festas en pisos e identificadas 17 persoas por botellón nas festas do Apóstolo en Santiago

A Policía Local denuncia a sete persoas na madrugada do domingo por reunirse con persoas non conviventes entre as 3,00 e as 6,00.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 26/07/2021 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago de Compostela interveu nun total de seis pisos e identificou a 17 persoas por practicas de botellón en distintos puntos da cidade ao longo da fin de semana das festas do Apóstolo, entre o venres e a madrugada deste luns.

En concreto, segundo figura no balance de incidencias remitido polo Concello, as festas en pisos repartíronse entre as tres noites: dous na do venres ao sábado, dous do sábado ao domingo e outras dúas do domingo ao luns. Pola súa banda, os 17 identificados por botellón rexistráronse entre o sábado e a madrugada do domingo.

No que respecta a incumprimentos da normativa covid, os axentes municipais levantaron dúas propostas de sanción por non facer uso da máscara cando debe ser obrigatoria --unha na noite do sábado e outra a do domingo--.

Ademais, a Policía Local multou a sete persoas por saltarse as restricións ás reunións entre non conviventes. E é que desde o sábado están prohibidas de 3,00 a 6,00 da madrugada en Santiago, igual que no resto de municipios que a Xunta figura nos niveis baixo e medio de restricións.

En canto aos controis por condución baixo os efectos do alcol e as drogas, o corpo municipal puxo durante a fin de semana das festas un total de catro sancións administrativas e unha denuncia penal por un delito contra a seguridade viaria, porque o condutor superaba a taxa de 0,6 miligramos por litro en aire respirado.

Cabe destacar o suceso ocorrido ao redor das 4,30 da madrugada do sábado na rúa da Rosa. Os axentes levantaron unha denuncia administrativa a un condutor tras dar positivo en alcol e drogas e, ademais, abríronselle dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria porque circulaba sen ter xa puntos no carné. Así mesmo, foi sancionado por "falta de respecto e consideración" cara aos policías, tal e como relata o Concello compostelán.

Lumes do Apostol lanzados pola celebración do Día de Galicia a 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña (Galicia).. César Arxina - Europa Press
Lumes do Apostol lanzados pola celebración do Día de Galicia a 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña (Galicia).. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta