Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 21:02
A quinta onda da pandemia segue cobrándose vidas en Galicia, que alcanzou este luns as 2.474 vítimas mortais tras notificar as autoridades sanitarias outros dez falecementos, a cifra máis alta comunicada nunha xornada --aínda que as mortes se produciron en varios días-- desde o pasado 1 de marzo.
Tras os primeiros días de marzo --en concreto o 1 notificáronse 14 falecidos--, o número de vítimas mortais comunicadas por Sanidade en Galicia nunha única xornada descenderan paulatinamente de forma significativa. Pero neste luns, no que os contaxios caeron, aínda que se elevou a presión asistencial, comunicáronse un total de 10 falecementos.
En concreto, Sanidade informa de que o pasado 30 de xullo faleceu unha muller de 93 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e o 31, unha muller de 95 no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
O 1 de agosto notifica cinco falecementos, dous deles no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) --dun home de 79 anos e unha muller de 89--, dúas no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) --dous anciáns de 94 anos--, e outro home de 87 no Hospital do Salnés.
Neste luns 2 de agosto, Sanidade notifica tres persoas --un home de 85 anos no HULA, unha muller de 91 no Hospital do Salnés e outra anciá de 91 no CHOP--. Sanidade trasladou que todos os falecidos tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.