ANPAs Galegas denuncia que a Xunta recorta en profesorado e "abandona o ensino público"

A confederación considera que os recortes na docencia, 435 prazas menos que o último curso, teñen como consecuencia a perda de calidade no ensino e a diminución de oportunidades.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Dende a Confederación de ANPAs Galegas critican a situación de especial abando na que se atopan moitos colexios e institutos galegos. Ante a información sobre os recortes de profesorado por parte da Consellería de Educación, denuncian "a situación de abandono do ensino público á que a Consellería nos ten acostumados nos meses de xullo e agosto", como indicou o presidente da Confederación, Fernando Lacaci, nunha rolda de prensa celebrada este 4 de agosto.

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula dun colexio
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula dun colexio | Fonte: Iván Terrón - Europa Press - Arquivo.

Tendo en conta un estudo elaborado pola CIG-Ensino, destacou que este ano se perderán 189 prazas con respecto ao curso 2019/20, datos que se se comparan co curso 2020/21 ascenderían a 435 prazas menos. Porén, estes datos son os recollidos en 96 centros sobre o 50% dos totais en Galcia. Con respecto a isto, ANPAs Galegas critica a falta de datos por parte da administración pública e lamentan que a información, á que lle dan "máxima credibilidade", sexa a ofrecida pro un sindicato. 

Dende ANPAs Galegas destacan as consecuencias que teñen estes recortes sobre a calidade do ensino, tendo en conta a situación da pandemia, que recordan, aínda non rematou, e que cómpre ter en conta para o vindeiro curso. Critican que a Consellería de educación "presumiu este curso de que o fixeron moi ben, que os resultados sobre contaxios, e tamén académicos, foron moi bos", algo que responde ao aumento de profesorado para cubrir as cirscunstancias excepcionais. "A razón de ser da chulería da consellería é facer o que agora están destrozando", apunta Lacaci. 

A eliminación e masificación de aulas, laboratorios, optativas ou a deficiencia na atención a alumando con dificultades son algunhas das consecuencias ás que apuntan ANPAs Galegas, que propoñen que a atención das aulas non se valore en relación ao número de estudantes, senón ás súas necesidades e circunstancias especiais. 

As consecuencias negativas son maiores nos ámbitos rurais ou en pequenas vilas, que ven prexudicadas a súa situación polo recorte de profesorado, e polo tanto de oportunidades. "Os institutos e colexios é onde se cosntrúen as persoas que vivirán nun futuro nese lugar, polo que se non damos atención especializada, reducimos en oportundiades e as familais marcharan para facilitar un futuro máis acorde ao que os seus fillos queren", reivindicou Fernando Lacaci.  

TRANSPORTE ESCOLAR

Fernando Lacaci tamén criticou a eliminación do dereito a transporte escolar de todo o alumando que estea a máis de 2km do centro, unha medida que discrimina principalmente aos centros escolares rurais. "Non é o mesmo andar 2km polo medio do monte que entre escaparates, e en motios casos é alumando que non ten nin medios nin idade para ir pola súa conta", recalca. 

Ademais, recorda que o alumanado de Formación Profesional ou Bacharelato non ten acceso a transporte gratuíto, un feito que prexudica, de novo, ás zonas máis rurais, e que significa unha perda de oportundiades. 

"OS PROFESORES NECESARIOS"

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, pola súa banda, asegurou que "a Xunta porá todos os profesores que sexan necesarios para garantir os protocolos sanitarios e a calidade educativa", aínda que tamén dixo que haberá "axustes". Así respondeu a preguntas dos xornalistas sobre a demanda dos sindicatos para manter aos profesores contratados por mor da pandemia.

Román Rodríguez subliñou que o ano pasado fíxose "un esforzo extraordinario por unha situación moi concreta". Explicou que estos esforzos "hai que axustalos" cando se tende a unha "situación máis ordinaria".

Lembrou ademais, que nesta época fanse "axustes en base á demografía". Comentou que había que ter en conta que en infantil e primaria "haberá 4.000 alumnos menos", e que se farán axustes "dentro do marco que fixan os cocientes", asegurando que se contará con "máis profesores que no curso 19-20".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta