Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 12:31
A Garda Civil sorprendeu unhas 50 persoas nunha festa ilegal na madrugada do pasado 31 de xullo no municipio ourensán de Beariz, das cales foron identificadas 18, veciñas dese concello, por incumprir a normativa sanitaria para frear a Covid-19.
Segundo informou o Instituto Armado, sobre as 3,20 horas do pasado 31 de xullo unha patrulla do Posto de Beariz sorprendeu unhas 50 persoas que celebraban unha festa ilegal na citada localidade, nunha casa en obras, "equipada con equipo de música e de luces", concreta. Ante a presenza dos axentes, moitos dos presentes fuxiron do lugar, algún deles, destaca a Benemérita, "producindo danos en vehículos aparcados nas proximidades".
As xestións realizadas polo Instituto Armado levaron á toma de manifestación como investigado por un delito de danos a F.A.V.V., veciño de Avión de 24 anos de idade, e a formulación de denuncias a 18 identificados por infracción á Lei 8/2008 de Saúde de Galicia por incumprir as normas para frear a Covid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.