A Xunta reclama ao Goberno central unha "repartición xusta" dos fondos 'Next Generation'

Insta o Executivo español a modificar os criterios.

Por E.P. | Marín | 10/08/2021 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, referiuse este martes á reforma da avenida de Ourense de Marín como "un exemplo de bo uso dos fondos europeos" e reclamou ao Goberno central que modifique os criterios de distribución dos recursos comunitarios do programa Next Generation para "continuar avanzando" e lograr unha "repartición xusta" e equilibrada.

Ethel Vázquez en Marín
Ethel Vázquez en Marín | Fonte: Xunta de Galicia.

Ethel Vázquez participou, xunto coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, na inauguración da "ambiciosa" actuación de mellora da mobilidade na avenida de Ourense, que levou a cabo o Concello no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Marín 2020.

A titular de Infraestruturas no Goberno galego afirmou que as condicións establecidas polo Goberno de España para a repartición destes fondos de mobilidade "fan imposible que se poidan acometer actuacións en concellos de menos de 50.000 habitantes", a pesar de que a propia Unión Europea pide investimentos no rural e nos concellos máis pequenos.

Vázquez advertiu que, na práctica, isto supón que o 98% dos concellos galegos queden fose da repartición e destes investimentos, como é o caso de Marín.

Por esta razón e co obxectivo de que o Goberno de España cambie os criterios para buscar unha repartición máis equilibrada, a Xunta e máis de 100 concellos impulsaron unha declaración institucional baixo o lema 'Por un rural forte e conectado'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta