Máis de 200 hectáreas arrasadas en 15 horas nun incendio activo en Rubiá

As chamas iniciáronse ás 18,00 horas do xoves na parroquia de Rubiá.

Por Europa Press / Redacción | Rubiá | 13/08/2021 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O incendio forestal que desde a tarde do xoves afecta o municipio ourensán de Rubiá permanece activo á primeira hora deste venres tras arrasar xa 200 hectáreas.

Así figura na última estimación ofrecida pola Consellería do Medio Rural a través das redes sociais, onde informa de que a superficie afectada polas chamas ascende xa a 200 hectáreas.

O lume iniciouse minutos despois das 18,00 horas na parroquia de Rubiá do municipio homónimo. Segundo a información trasladada na conta de Twitter '@Incendios085', o incendio aínda non foi controlado e segue activo.

Incendio en Rubiá (O Barco de Valdeorras)
Incendio en Rubiá (O Barco de Valdeorras) | Fonte: AGESGA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta