O Grupo Voz resucita a Paco Rodríguez

O Grupo Voz faille dúas entrevistas ao ex lider da UPG en menos dunha semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2014 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O ex líder da UPG, ex-deputado do BNG e ex-coordinador desta formación no Congreso, Francisco Rodríguez, volveu ser portada estes días e non, precisamente, pola súa actividade política, ou iso, é cando menos, o que el mesmo declarou nas dúas longas entrevistas que lle realizou o Grupo Voz.

Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia
Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia

A primeira delas tivo lugar en Vía Televisión, o programa estrela de Voz TV, o pasado 8 de xaneiro. Nela, Rodríguez admitiu que a ruptura no BNG tras o proceso de Amio, que deu lugar a aparición de Anova e a Compromiso por Galicia, supuxo un importante "golpe moral" para o BNG. "E trouxo desánimo á formación", dixo. Con todo, suliñou que o BNG quedou "maioritariamente" intacto, aínda que das 10.000 persoas, segundo el, que militaban no Bloque antes da asemblea da ruptura, "uns mil marcharon para casa". Precisamente, tras esa ruptura, o BNG baixou a sete deputados e converteuse na cuarta forza parlamentaria, detrás de AGE.

Precisamente, nos puntos nos que se fixo máis insistencia nesa entrevista foi na ruptura protagonizada en Amio e sobre o papel de Beiras no mesmo e a aparición de Anova. Unhas cuestións que se volveron repetir na entrevista que este domingo, 12 de xaneiro, o xornal La Voz sacaba a toda páxina, e no que o ex líder da UPG volvía insistir en parte dos mesmos argumentos.

"No BNG estamos curados"

"No BNG estamos curados. Non temos ferida ningunha. Cando hai un conflicto político hai que asumilo. O BNG está facendo ben en mirar cara adiante", dicía ao ser preguntado por unhas declaracións do portavoz do BNG, Xavier Vence, na que destacaba que aínda hai "feridas abertas" desa escisión.

Ademais, insistiu en criticar a alianza de Anova con EU porque "favorece a idea de estrutura do Estado Español tal e como está, e o papel que oucpa Galicia, que é moi subordinado, dependente e marxinal", destacaba nesta entrevista. 

Do Bipartito só se salva Suárez Canal

Por outra banda, tamén fixo autocrítica da etapa do Bloque no bipartito e só salvou á Consellería do Medio Rural, que dirixía Alfredo Suárez Canal. "Houbo unha parte que estaba nos parámetros claros do BNG e outras nas que creo que non se estivo á altura das circunstancias", dixo en relación aos departamentos que entón dirixían Anxo Quintana ou Teresa Táboas.

Do "boicoz", ás entrevistas

Estas entrevistas no Grupo Voz prodúcense logo de que teñan minguado as de Xosé Manuel Beiras, o líder de Anova e voceiro de AGE no Parlamento galego. Precisamente, destacados cargos da UPG animaron ao "boicoz" durante as pasadas eleccións autonómicas polo que consideraban un apoio explícito do grupo de Santiago Rey a AGE para "rachar o nacionalismo".

Non son as dúas únicas entrevistas que lle fixeron a Rodríguez. No último mes xa leva tres, case máis que o propio Vence nesa mesma época e, iso, sen ter ningún cargo orgánico dentro do BNG. A primeira delas tivo lugar a mediados de decembro na Radio Galega, medio público que tamen soen tildar de manipulador os dirixentes da UPG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

27 melquíades

Está jodi_o el Paco. Sabe que va a perder más cuadros...la gota malaya sigue sobre el Bloque

26 alexandre dadas

Non gostei das suas críticas a Anguita sacadas do peor "El País" do grupo >Prisa dando por valida a famosa teoria da pinza. Suarez Canal non era malo;pero do bipartito salvavase algo máis tamen.

1 dario totomarás

O peor do País non recorda o pasado joseantoniano de Anguita como fai El Periódico, nin a entrevista de Iñaki Gabilondo na que reivindica os méritos de guerra falanxistas dun seu pai.

2 xa foi

Quen interpreta que so se salva Suárez Canal é o xornalista que fai unha moi "libre interpretación" do entrevistado.

25 antonino

Esto é peor que a momia de Lenin. La virgen. Que coñazo de xente por favor...

24 pinchorla

Sí, agora vai ser que Francisco Rodriguez tamén abduce A Voz de Galicia,a V Teleisión e a GC. O que hai que ler,así estamos.

23 Le Comptoire

GC ten ciúmes en nome do conducator ao que La Voz lle mete os cornos. Reí así non, deixao para Hollande.