Risco extremo por incendio forestal na maior parte de Galicia

Estas circunstancias pon en alerta ante a posibilidade de que se cumpran as condicións da denominada regra do '30-30-30', que facilita a propagación do lume. Refírese a os 30 graos de temperatura, 30% de humidade e 30km/h de velocidade do vento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

O indicador que avalía diariamente o nivel de alerta ante a posibilidade de que un incendio se propague elévase este luns nunha parte importante do territorio galego.

A maior parte da provincia de Ourense, o interior da provincia de Lugo e Pontevedra, a contorna da Ría de Arousa e os arredores da comarca de Santiago sitúanse este luns en nivel extremo de risco de incendios. Este mesmo nivel de alerta tamén está presente nalgúns puntos da costa Ártabra.

"Este índice depende de varios factores. Nestes momentos estamos nunha situación típica do mes de agosto: non tivemos precipitacións e as temperaturas que temos e a humidade, entre outras cousas, provocan ese nivel extremo", comentou Santiago Salsón, responsable do departamento de climatoloxía en Meteogalicia.

Estes días as temperaturas serán altas. De feito, este luns boa parte do territorio do sur de Galicia está en nivel amarelo (o menor do tres niveles de alerta) pola subida dos termómetros. Principalmente a zona das Rías Baixas e a conca do Miño ao seu paso por Ourense.

'30-30-30'

Estas circunstancias pon en alerta ante a posibilidade de que se cumpran as condicións da denominada regra do '30-30-30', que facilita a propagación do lume. Refírese a os 30 graos de temperatura, 30% de humidade e 30km/h de velocidade do vento.

"Cando aumenta a temperatura é habitual que baixe a humidade relativa, polo que esas dúas condicións pódense dar. A previsión indica que, nas zonas onde van ser máis elevadas as temperaturas, o vento vai ser frouxo. Si haberá máis vento nas zonas de costa ao norte, pero aí as temperaturas xa van ser menores", apuntou Santiago Salsón.

"Nos próximos días o nivel de risco extremo de incendio podería baixar. O mércores ou o xoves poderían caer chuvascos treboentos nas zonas de nivel extremo como no caso de Ourense. Se chove, evidentemente, baixará o nivel máximo de incendio", informou Santiago Salsón, quen engadiu que, "dentro do nivel extremo, o maior perigo podería ser aínda en setembro se continúa a ausencia de precipitacións".

Un hidroavión tenta apagar o lume en Carnota
Un hidroavión tenta apagar o lume en Carnota | Fonte: Antonio Amboade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta