Unha cabicha, a orixe do incendio da Pobra que afectou a 100 metros cadrados

Trabállase na investigación para verificar a procedencia deste cigarro mediante proba de ADN.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Unha cabicha é a orixe dun incendio que calcinou 0,01 hectáreas de superficie no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal este mércores. A Unidade de Investigación de Incendios Forestais desprazouse in situ ao lugar do lume e determinou, de forma preelminar, a causa do lume en colaboración cos axentes ambientais do distrito IV-Barbanza.

O incendio iniciouse ás 14,59 horas na parroquia de Xobre ou O Maño e deuse por extinguido ás 16,18 horas, afectando a 0,01 hectáreas de monte raso, grazas á intervención do Servizo de prevención e defensa contra os incendios. Para o seu control mobilizáronse dous axentes, dúas brigadas e unha motobomba.

Tras a localización da cabicha, trabállase na investigación completa, conxuntamente coa Policía Nacional, para verificar a procedencia deste cigarro mediante proba de ADN, continuando desta maneira coas dilixencias oportunas. A Xunta pide prudencia nos montes e lembra que máis do 70 por cento do territorio está vixiado por 142 cámaras e 12 drones.

Proba localizada dunha cabicha como orixe dun incendio na Pobra o 25 de agosto de 2021. XUNTA DE GALICIA
Proba localizada dunha cabicha como orixe dun incendio na Pobra o 25 de agosto de 2021. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta