Temas: FRASEOLOXíA

“Non dar/pegar pancada”, “non dar/pegar pandolada” ou “non facer branca”, equivalentes, entre bastantes outras, á castelá “no dar un palo al agua”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 05/09/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Se pretendemos manifestar que alguén non é alá moi traballador, ou que non está ou non estivo a traballar nin a facer nada produtivo durante o período de tempo ó que nos refiramos en función de cada enunciado concreto (ou, como pouco, que está ou estivo a facer moito menos do que sería de agardar), para o castelán é habitual escoitar expresións do tipo de no dar un palo al auga o no dar/pegar golpe.

O descanso merecido
O descanso merecido

En galego tamén imos ben servidos de secuencias expresivas que dan conta dese mesmo contido, como habemos ver deseguido:

No dar (un) palo al agua

No dar/pegar (ni) golpe

{= Non traballar ou non facer nada produtivo unha persoa, ou facer moito menos do que sería de agardar.}

Non dar/pegar pancada && Non facer pancada

Non dar/pegar pandolada

Non dar/pegar pau

Non dar/pegar golpe

Non facer branca && Non facer branca de pan && Non facer branca de servizo

[E MAIS]:

Non dar/pegar petada

Non pegar selo

Non pegar póla

Non quebrar sobrexugo

Ex.: Ni se te ocurra contratarle, que es un vago redomado que no da un palo al agua.

Nin se che ocorra contratalo, que é un palanquín raído que non dá/pega pancada que non dá/pega pandolada que non dá/pega pau que non dá/pega golpe que non dá/pega petada que non pega selo que non pega póla que non quebra sobrexugo.

● Tamén:

Mangar a macheta && Mangar o cazo && Mangar a pata && Collelas por onde non pelan

Ex.:

Nin se che ocorra contratalo, que é un palanquín raído que o único que fai é mangar a macheta que unicamente anda a mangar o cazo que non fai máis ca mangar a pata que só anda a collelas por onde non pelan.

● Tamén:

Rañala [=Non a rañar] && [=Non a rascar] Rascala && Mangala [=Non a mangar]

[VÉXASE A NOTA NÚMERO 2]

● Tamén:

No rascar bola && No dar puntada

Non rascar bóla && Non rascar pataco && Non dar puntada

● Inda tamén, en contextos:

No agachar el lomo

Non dobrar o espiñazo # a espiña # o lombo && Non dobregar o espiñazo && Non abaixar # baixar o lombo

● Mesmo tamén, nun rexistro vulgar, e aplicado só a persoas do sexo feminino:

Criar cona

NOTAS:

1. É de facer notar que vai haber contextos en que as secuencias expresivas reflectidas neste artigo poden confluír coas que veremos na vindeira entrega, na que se dá conta de que alguén está parado ou sen facer ningún traballo, faena ou labor cando se entende que si os debería estar a facer.

E inda mesmo tamén poderían compartir certos espazos de uso, inda que en menor medida, coas que veremos non na vindeira entrega, senón na seguinte á mesma, na que se dará conta de que alguén anda a enredar en calquera cousa para facer pasar o tempo ou para disimular, coma quen está a traballar, pero sen facer nada realmente produtivo (en castelán, hacer que hacemos).

2. Resulta certamente curioso o caso das secuencias expresivas rañala, rascala e mangala, xa que tamén, e co mesmo significado, aparecen en enunciación negativ:a

Ex.: Este no ha pegado un palo al agua en toda su vida y ahora, claro, le cuesta agachar el lomo.

Este rañouna [=non a rañou en] Este rascouna [=non a rascou en] Este mangouna [=non a mangou en] toda a súa vida e agora, é visto, cústalle dobrar o espiñazo.

3. Polo que atangue ás locucións non facer branca (de pan # de servizo), nótese que o máis probable é que ese substantivo feminino branca faga referencia á moeda (que se deixou de acuñar a finais do século XVI), substantivo que tamén se atopa presente na secuencias fraseolóxicas non ter branca (=non ter diñeiro) ou estar sen branca (=estar sen diñeiro).

4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta