As novas tecnoloxías, o medioambiente e a arte protagonizan o programa dos centros socioculturais de Santiago

O concello "espera" poder ampliar os horarios das actividades canto antes, pero manterá o máximo celo en protocolos sanitarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

As novas tecnoloxías, o coidado e respecto do medioambiente e a difusión cultural volven protagonizar o programa de actividades dos centros culturais de Santiago de Compostela para o curso 2021-22.

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, detallou que o programa contará cun total de 2.500 prazas, repartidas en 300 grupos. O edil cualificou como "ampla" esta oferta, e asegurou que algunhas actividades terán prezos reducidos, e que outras serán "gratuítas".

Enumerou que, ademais de talleres vinculados coas novas tecnoloxías e co medioambiente, os centros socioculturais acollerán espectáculos artísticos variados, clubs de teatro, clubs de xadrez, exposicións e charlas divulgativas, entre outros.

O prazo de preinscrición para estas actividades empezará este martes, 7 de setembro, e prolongarase ata o próximo 17 de setembro. Fernández explicou que esta preinscrición se pode levar a cabo tanto en liña como en cada centro sociocultural no que leve a cabo a actividade que interese.

ESPECTÁCULOS VARIADOS

O responsable local de Centros Socioculturais tamén destacou que os centros forman parte do programa 'Rede Cultural' da Deputación da Coruña. No marco deste programa, acollerán un total de dez espectáculos variados relacionados co teatro, a maxia, a música e os contacontos.

Ademais, Santiago será un dos focos do programa do Goberno galego 'Ler conta moito', que fomentará outro dez actividades nas bibliotecas dos centros socioculturais da cidade.

O concelleiro sinalou que outros grandes eventos e programas cos que colaborará nesta segunda metade de 2021 son a edición 2021 do Festival internacional de monicreques Galicreques, con 13 representacións; e a mostra de teatro da Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (FEGATEA) con 12 actuacións en diversos centros da rede sociocultural de setembro a decembro.

ENCONTROS E SAÍDAS

Destacou que Santiago continuará "a realización de actividades de encontros e saídas pola contorna" para coñecer os barrios, tal e como xa se fixo durante o transcurso do programa 'Vive ou verán'.

No marco do programa 'A Cidade vivida, a cidade sentida', levarán a cabo as seguintes accións: rutas históricas, de arquitectura, de comercio tradicional; audioguías para realizar as rutas de modo individual; paseos colaborativos, onde os participantes falan de cada barrio; rutas con código QR, para realizar desde un móbil con conexión a internet; elaboración de mapas colaborativos sobre as temáticas dos barrios.

ESTABLES, PUNTUAIS E DE CONTINUIDADE

Javier Hernández tamén se referiu a a programación específica da Biblioteca José Saramago, que se reparte entre os centros socioculturas de Vite, Conxo, Santa Marta e Fontiñas. Contará con actividades estables, puntuais e de continuidade.

Centro Sociocultural de Conxo
Centro Sociocultural de Conxo | Fonte: Santiagoturismo

O edil sinalou que o concello "espera" poder ampliar os horarios das actividades canto antes, pero que por agora manterá o máximo celo na aplicación dos protocolos sanitarios mentres a pandemia así o requira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta