Chega á Coruña o primeiro cruceiro dende o inicio da crise sanitaria

Segundo a Autoridade Portuaria: "cumprindo medidas moi restritivas de seguridade e hixiene".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O porto da Coruña recibirá este sábado, día 11, o primeiro cruceiro desde o inicio da crise sanitaria pola pandemia da covid, en marzo de 2020. Será o 'Viking Sky', da naviera Viking Ocean Cruises, que arribará ao peirao de Transatlánticos "cumprindo medidas moi restritivas de seguridade e hixiene, superiores ás que rexen para calquera turista que chegue á cidade por outra vía", explica a Autoridade Portuaria.

O buque, con 228 metros de eslora, chegará ao redor das 12,00 horas con 250 pasaxeiros a bordo, por baixo da súa capacidade máxima, establecida en 930 turistas. Procedente de Dublín, abandonará a cidade a partir das 17,00 horas para partir rumbo ao Porto.

Todos os pasaxeiros, procedentes de Reino Unido, Estados Unidos, Canadá ou Italia, así como os 400 tripulantes, viaxan vacinados coa pauta completa e pasaron test de covid antes de embarcar. Tal como ocorre durante a travesía e no resto de escalas, creáronse burbullas de convivencia e cada unha delas realiza as saídas cun guía.

As excursións que realicen na cidade, que en principio serán escasas, serán co guía, mantendo o grupo burbulla do barco e con itinerarios previstos e pechados de antemán, ao obxecto de minimizar os contactos. No caso de que accedesen a algún establecemento de hostalaría, sería con reserva previa.

Porto da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Porto da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta