O BNG súmase aos actos da Diada para "apoiar o dereito á autodeterminación" de Cataluña

Á xornada desprazáronse Ana Mirnada, Rubén Cela e Bieito Lobeira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Unha delegación do BNG participou este 11 de setembro nos actos conmemorativos da Diada Nacional de Catalunya co obxectivo de "apoiar o dereito de autodeterminación" dos cataláns e "reforzar lazos de unión" co soberanismo catalán --con Esquerra Republicana de Catalunya e a CUP, respectivamente--.

A delegación da formación nacionalista está integrada polo secretario de Organización, Bieito Lobeira; a coordinadora de Relacións Internacionais e portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda; e o responsable de Relacións co Estado e director da Fundación 'Galiza Sempre', Rubén Cela, quen mantiveron un encontro co presidente de ERC, Oriol Junqueras.

O tres nacionalistas comezaron a xornada coa participación nunha ofrenda floral diante do monumento a Rafael Casanova e interviron no encontro co resto de delegacións internacionais convidadas por Esquerra. Ademais, participarán na manifestación convocada pola Assemblea Nacional Catalá (ANC) e nos eventos organizados pola CUP, así como nun acto no Parlamento de Cataluña.

Así mesmo, o Bloque mantivo un encontro con membros da agrupación local do BNG en Cataluña e constatou que "seguen participando" na "loita activa" do pobo catalán como "exemplo" do "apoio" ao seu "dereito a decidir".

Cargos do BNG como Ana Miranda, Bieito Lobeira e Rubén Cela con Oriol Junqueras na Diada. BNG
Cargos do BNG como Ana Miranda, Bieito Lobeira e Rubén Cela con Oriol Junqueras na Diada. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nostrus

Normal, un acto de deslealtad recíproca entre desleales. No querer saber nada de los catalanes a cambio de que los catalanes separatistas no quieran saber nada de los gallegos. El problema lo tienen y gordo, porque la nación española en su totalidad pertenece a todos los españoles.