Os candidatos a encabezar as listas polas provincias galegas ao Congreso Federal do PSOE conseguen os avais

Nas da Coruña, Pontevedra e Lugo preséntase unha única candidatura, polo que quedará directamente elixida

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/09/2021 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Os candidatos a encabezar as listas de delegados ao Congreso Federal do PSOE polas catro provincias galegas recibiron os avais necesarios, tal e como informou o PSdeG nun comunicado.

Nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo só se presentou un candidato para liderar a respectiva lista provincial, polo que as agrupacións non terán que convocar unha xornada de votación ao tratarse dunha candidatura única.

Así, sairán adiante as listas encabezadas polo alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, na provincia de Pontevedra; polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nesta provincia; e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, pola de Lugo.

Na provincia de Ourense, onde se presentaron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a exparlamentaria Noela Branco, ambos reuniron os avais necesarios.

Deste xeito, o PSdeG destacou que se avanza no calendario do Congreso Federal que se celebrará en Valencia os días 15, 16 e 17 de outubro, que reelixirá a Pedro Sánchez como secretario xeral do PSOE.

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, e o deputado no Congreso Diego Taibo, en rolda de prensa. PSDEG-PSOE
O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, e o deputado no Congreso Diego Taibo, en rolda de prensa. PSDEG-PSOE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta