A Policía continúa buscando á parella da muller achada morta na Coruña

A muller rexentaba unha panadaría na zona do Birloque onde se produciron os feitos, en concreto no quinto piso do número cinco da rúa Juan Darriba, onde residía. Presentaba feridas de arma branca e estaba xa falecida.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/09/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A Policía Nacional prosegue a procura da parella da muller achada morta esta madrugada no seu domicilio na Coruña, segundo precisaron a Europa Press fontes policiais.

Aínda que non se confirmou oficialmente que se trate dun crime machista, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou, tras os feitos, que "todo apunta" a iso. De feito, o home ten antecedentes por violencia de xénero por denuncias de dúas mulleres, non da falecida.

Tanto veciños como a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, ratificaron que entre a parella, que, segundo algúns residentes na zona levaban poucos meses xuntos, houbo unha discusión en días previos. Algún veciño asegurou aos medios este xoves que tamén escoitou unha esta pasada noite.

O corpo da muller, de 52 anos, foi atopado polo seu fillo antes das dúas da madrugada cando este regresou do traballo. Foi el o que alertou á Policía Nacional, que se desprazou ao lugar dos feitos. Pouco despois comezou a procura da parella da vítima, de 48 anos.

A muller rexentaba unha panadaría na zona do Birloque onde se produciron os feitos, en concreto no quinto piso do número cinco da rúa Juan Darriba, onde residía. Presentaba feridas de arma branca e estaba xa falecida.

Concentración en repulsa polo crime dunha muller na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Concentración en repulsa polo crime dunha muller na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta