Marea Atlántica ve "complexo" o tirapuxa pola okupación na Coruña

Pide atender "as necesidades de vivenda" e reclama unha atención integral aos barrios ante o seu estado de "abandono".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2021 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A portavoz da Marea Atlántica, María García, denunciou unha situación de "abandono" dos barrios, para os que reclamará unha atención integral a través da negociación dos orzamentos do próximo ano. Así o indicou nunha rolda de prensa na que propuxo abordar medidas como unha 'bolsa de aluguer social', un plan de vivenda ou un programa para recuperar locais baleiros, ademais de actuacións no ámbito de mediación para conflitos.

En particular sobre as denuncias por 'okupacións' no barrio dos Mallos, asegurou que se trata dun "problema complexo" e apelou á necesidade de atender "as necesidades de vivenda, servizos e atención social".

Por outra banda, o PP avanzou que presentará unha moción no próximo pleno ante "o risco de peche das escolas infantís municipais por falta de recursos económicos". En concreto, alude ao "incremento dos custos de persoal derivados dos cambios normativos, sen que se actualizou o canon que lles paga o concello".

A portavoz da Marea Atlántica, María García, en rolda de prensa. SANDRA GARCÍA REI
A portavoz da Marea Atlántica, María García, en rolda de prensa. SANDRA GARCÍA REI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta