As apostas políticas de Feijóo... Crónica dos conselleiros “queimados” en 12 anos de goberno

O adeus á política activa do ex conselleiro Jesús Vázquez é o último episodio dunha longa lista de altos cargos de Feijóo “sacrificados” para tentar apaciguar liortas internas do PP, ou para tentar gañar cidades, que non saíron ben. Son “ordes” do presidente ás que ninguén pode dicir que non. El os nomea para a Xunta e el os retira.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/09/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

“Ha llegado el momento de cerrar un ciclo que ha durado más de 13 años. Hoy pongo punto y aparte a la política activa. Dejo de ser concejal y dejaré mi escaño en el Senado. Ha sido una decisión muy meditada, muy pensada y muy analizada... Regreso a mi “hogar”: al Campus de Ourense. Vuelvo a la docencia, vuelvo a desempeñar mi profesión, vuelvo a la Facultad”. Así se despedía a principios de setembro Jésus Vázquez, ex conselleiro e ex candidato do PP na cidade de Ourense.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta do 9 de setembro de 2021. DAVID CABEZÓN
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta do 9 de setembro de 2021. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA

Marchaba sen agradecer nada a ninguén do seu partido. Tampouco había reproches. Só recoñecer o “enorme desgaste personal, fruto del esfuerzo y el sacrificio, a veces recompensado con sinsabores” da súa etapa como concelleiro en Ourense. Puña así punto e final a unha traxectoria política de 12 anos cando foi chamado por Núñez Feijóo para dirixir a consellería de Educación. En 2012, asumía tamén a carteira de Cultura que deixaba vacante Roberto Varela. Un departamento que abandonaba en 2015 para presentarse como candidato do PPdeG na cidade de Ourense, da que acabaría como alcalde ata que en 2019 tiña que cederlle o bastón de mando a Gonzalo Jácome. E aí comezou o seu vía crucis. 

Un vía crucis no que tivo que facer o que lle impuña o seu partido en Ourense, comandando por Manuel Baltar, e no que Feijóo deixou facer. Vázquez estivo só durante estes dous últimos anos. Mantivose fiel ao que anunciara durante a campaña; que el non ía pactar nunca con Jácome. E o espectáculo bochornoso do seu partido rompendo primeiro un acordo co líder de Democracia Ourensana e logo volvendo a pactar, foi a pinga que rebordou o vaso.  E, en todos estes anos de dura agonía, Feijóo, que foi quen o “sacrificou” para obter a alcaldía de Ourense, deixouno só.

A traxectoria de Jesús Vázquez non é diferente a doutros ex conselleiros “queimados” polo actual presidente da Xunta. Desde o 2009 nesta lista están dun ou doutro xeito seis ex conselleiros máis. Algúns máis “queimados” que outros, pero todos, conscientes de que sacrificaron a súa vida persoal e política por orde do seu presidente; Agustín Hernández, José Manuel Varela, Javier Guerra, Beatriz Mato, Elena Muñoz e, dalgún xeito, Jesús Vázquez Almuíña. E só un deles, Javier Guerra, un empresario de prestixio antes de entrar na política activa, atreveuse a tuserlle a Feijóo, e amagou con plantarlle cara en Vigo nas listas de Ciudadanos. O resto, dun ou doutro xeito, achantaron, ben porque se lles deu algún outro posto institucional polos servizos prestados, ou ben porque decidiron retirarse da vida política sen facer ruído.

"NON SE LLE PODE DICIR QUE NON"

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI

“Ao presidente é imposible dicirlle que non. Se te chama para algo, sexa un 'marrón' ou non, nunca podes dicir que non”, apuntan fontes consultadas por GC. As catro maiorías absolutas colleitadas por Feijóo fan que sexa o líder indiscutible do partido en Galicia e, especialmente, da Xunta, o seu feudo particular. Pero ese dominio que ten do partido en Galicia e do Goberno galego, non é absoluto. Hai provinicias e comités locais que escapan ao seu control. E é aí cando utiliza pezas destacadas do seu gabinete para completar un quebracabezas con moitas fichas soltas. E, en moitas ocasións, estas operacións desde arriba, non lle saíron ben. Aconteceu con Agustín Hernández en Santiago, con Elena Muñoz en Vigo, con Beatriz Mato na Coruña ou co propio Jesús Vázquez en Ourense

Agustín Hernández chegou para apagar un lume que iniciara o polémico ex rexedor Gerardo Conde Roa e que, finalmente, lle valeu perder a alcaldía de Santiago fronte a Martiño Noriega tras ter en contra a boa parte do comité local do PP de Santiago. Tras ser “sacrificado”, Feijóo consciente da súa operación, acabou nomeandoo presidente do Consello Económico e Social. 

O mesmo aconteceu con Elena Muñoz, que foi a aposta de Feijóo en Vigo para tentar pacificar un comité local ingobernable -desde a época do alcalde popular Manuel Pérez e colleitou un sonoro fracaso, perdendo tres edís e deixando ao PP en Vigo con catro actas. Dimitiu aos poucos días e, tamén, como no caso de Hernández, tamén se lle buscou outro acomodo sendo designada senadora por designación autonómica polo parlamento de Galicia. E tampouco conseguir unir ao partido en Vigo, que continúa dividido.

Beatriz Mato tamén tivo que marchar á Coruña a apagar outro lume pouco antes das municipais do 2019 para substituír como candidata a líder local Rosa Gallego. A pesar do poder de Mato dentro do PP provincial, non foi quen de apaciguar os ánimos, nin conseguir a alcaldía. Pouco despois, como fixo despois Jesús Vázquez, renunciou como concelleira e como deputada para centrarse en actividades empresariais.

DESPOIS DE FEIJÓO... O "CAOS"

Certo é que mentres estea Feijóo ninguén lle vai facer sombra no seu partido. Se decide presentarse a un quinto mandato –como semella-- todo serán louvanzas. “É o líder indiscutible”, suliñan estes altos cargos consultados que tamén son conscientes de que cando falte el “o partido será unha desfeita, peor que o PSOE galego de agora”.

Fiel a teoría dos grandes dirixentes políticos de “eu ou o caos”, Feijóo cimentou durante estes anos unha férrea obediencia a súa persoa que se ve reforzada por un control case absoluto de medios de comunicación que lle son afíns e que apagan tamén calquera disidencia interna. Só se lle escapan baronías locais ou provincias, onde deixa facer só ata onde quere deixar facer ou non pode, como no caso de Ourense ou Vigo. Unha férrea disciplina que é unha vantaxe en tempos de paz, pero que xerará un enorme caos cando el non estea.

E mentres vai acomodando o futuro. Vai sinalando xa posibles alternativas á súa ausencia como a decisión de que só Francisco Conde e Alfonso Rueda sigan como parlamentarios. Un xeito de fomentar a bicefalia que coñece moi ben porque o propio Manuel Fraga tamén o fixo con el e o ex conselleiro e agora senador Xosé Manuel Barreiro. Non conta, como tamén lle pasou en 2006 coa presentación doutros candidatos alternativos, que haxa sectores do partido que cando el xa non estea poidan ir por libre. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Moine

Riolo: Ti sabes da história recente da Galiza, e entendo que da anterior também, o que conhece umha vaca de análise matemático. Nom som upgalo, mas sem a aportaçom dessa organizaçom política à resistência contra o etnocídio (imposiçom a ferro e lume do castelá) e genocídio (emigraçom) que está se está levando sobre os galegos desde há séculos pola Vila e Cortelho; Nós, os galeg@s estaríamos ainda mais na ruína, que é a onde os neo-franquistas do PP estám-nos a conduzir; porque nom som outra cousa que os servos da oligarquia madrilenha para que poda seguir sugando do País. Basta observar o abraço que lhe deu um representante dessa oligarquia quando ganhou as eleiçons. Toda a política económica de Frijol e do PP sobre Galiza é umha: EMIGRAÇOM, deixar a filhos sem pais e netos sem avós.

1 Gamela

Por se acaso tes interese en facer a análise dende outra perspectiva... http://www.galiciaconfidencial.com/... E aproveito para dicir que en 57 anos de "desgoberno" Paco Rodríguez laminou a centos de futuros ministrables sen siquera darlles unha oportunidade de explicar o seu Programa de Goberno para Galicia !

2 Riolo

Moine: conozco la historia de la Galicia real perfectamente. Galicia no tiene nada que ver con las pesadillas que sueñan en sus antros algunos grupúsculos de la UPG y aledaños. Galicia es una estupenda región para vivir, y si hay emigración los comunistas no la vais a arreglar. Al contrario, Cuba y Venezuela son los países con más emigrantes del mundo. Todo el que puede huye de esos infiernos que sólo son buenos para los miembros del régimen asesino.

3 Casimiro

Riolo, lamentamos os teus demos particulares, mais acontece que difundes datos completamente falsos. A taxa de migración neta (migrantes/1000 habitantes) é de -3 en Venezuela e de -4 en Cuba, esqueces que en paraísos da dereita na contorna, como El Salvador é de -5, en Jamaica de -9, en Puerto Rico de -14... Desde Cuba até o Líbano (-89) hai 30 estados con política de dereita, a túa favorita, con maior taxa de emigración. Outro día falamos das consecuencias do bloqueo criminal por parte, tamén, da túa dereita. Coñeces pouco e falseas moito, debes ser da escola do Nostrus...

1 inflan

A dificultade de desbancar o PP é que representan poderes, económicos e non, moi poderosos. Ós que están no cumio económico-empresarial interésalles unha forza coma o PP. A quen se opón á evolución social tamén. Por iso lles é tan fácil atopar substitución para quen implemente as súas tropelías. Ninguén vai tusirlles as súas trasnadas, que bendí a curia, o capitalismo máis salvaxe e os poderes máis rancios. Por todo iso, quen queira ser alternativa nun país tan capado polo PP e os seus antecesores durante séculos, debe ser moi coidadoso e ter moita determinación de cambia-las cousas. Pase o que pase. Será a única maneira de deixar atrás esa lacra sociopolítica e ese lastre da evolución do país que é o PP.

1 Riolo

No entiendes nada. El PP arrasa simplemente porque su forma de actuar es coincidente con la quieren la mayoría de los gallegos. De la misma manera que el ideario comunista de la UPG resulta tan irreal en Galicia como pretender que el swahili sea lengua oficial de Suiza.