O Goberno mantense firme na protección do lobo pero non descarta medidas de axuda aos gandeiros

Miñones adianta a posibilidade de que as CCAA se fagan cargo dos danos sobre o gando con fondos do Goberno central.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou como "necesaria" a regulación pola que a caza do lobo ibérico queda prohibida desde este mércores en España, tras a súa inclusión na listaxe de especies sobre a que existe esta prohibición.

A preguntas dos xornalistas, remarcou a "garantía xurídica" da medida tras o ditame do Consello de Estado, pero dixo que o obxectivo é "seguir escoitando ao sector para poder avanzar na regulación". "E que non sexa o sector o que teña que asumir os custos do ataque dos lobos", apostilou.

"Unha nova estratexia nacional buscando escoitar ao sector e pór en marcha medidas para que as comunidades autónomas, con ese financiamento, poidan asumir eses custos e non teña que ser o gandeiro", recalcou obre as actuacións a este respecto. Preguntado polas queixas do sector e as súas denuncias sobre desprotección ante os ataques do lobo, insistiu en que se trata dunha regulación con "toda a garantía xurídica".

Exemplar de lobo ibérico / WWF. / Europa Press
Exemplar de lobo ibérico / WWF. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta