Temas: GALICIA

Goberno e Concello da Coruña prometen máis presenza policial ante as denuncias de okupación

Centraranse no barrios dos Mallos, que xornadas atrás rexistrou unha mobilización veciñal contra esta problemática.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, garantiron o reforzo policial no barrio coruñés dos Mallos ante as denuncias de veciños polas okupacións de vivendas. A preguntas dos xornalistas, no acto de inicio das obras da pasarela de Pedralonga, o delegado comprometeu o reforzo da presenza policial, pero a esta medida sumou as sociais e as xudiciais.

Tamén aproveitou para trasladar unha "mensaxe de tranquilidade" aos veciños. "A situación é incómoda, pero a presenza policial vai estar garantida", dixo tras recalcar que A Coruña é "unha cidade segura". "Traballamos no aspecto social e policial", engadiu, á súa vez, a rexedora coruñesa, quen cualificou de "exemplar" o traballo conxunto entre a Policía Local e Nacional.

Foto de recurso Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo
Foto de recurso Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo

ORZAMENTOS

No mesmo acto, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, instou a toda a oposición ao diálogo para a elaboración dos orzamentos de 2022, en resposta a preguntas dos xornalistas sobre as negociacións coa Marea Atlántica. "Recollemos a luva", dixo sobre o diálogo con esta formación, pero convidando tamén aos demais grupos a sumarse ao mesmo para elaborar uns orzamentos "necesarios para a cidade".

Preguntada sobre se espera que as contas estean antes de que acabe o ano, dixo que non se pon "prazo" e lembrou que hai que elaborar tamén as ordenanzas fiscais. Neste contexto, instou aos grupos políticos que conforman a oposición ao diálogo e a "antepor os intereses da Coruña a outras cuestións".

Temas: GALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta