O galego universalízase cun novo grupo de investigación nos EE.UU.

Créase na Universidade de Wisconsin-Milwaukee o Grupo de Investigación en Estudos Galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/02/2014 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

En setembro de 2013 botaba a andar o Grupo de Investigación en Estudos Galegos da Universidade de Wisconsin-Milwaukee da man dun incansable investigador e impulsor do noso idioma, Gabriel Rei-Doval, e co obxectivo de universalizar e afondar no estudo da lingua galega.

Gabriel Rei-Doval, a esquerda de todo, nun recente acto con Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo na USC
Gabriel Rei-Doval, a esquerda de todo, nun recente acto con Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo na USC

Polo momento, este grupo xa ten varios procectos de investigación en marcha, algúns deles moi ambiciosos. Así, e ademais do seguimento e activismo a favor da campaña MLA Galician Studies, para incluír o galego na Asociación de Linguas Modernas, está a organiza-lo simposio (Re)Mapping Galician Studies in North America, que terá lugar o 2 e 3 de maio de 2014.

Este congreso pretende ofrecer un punto de encontro para facilita-lo intercambio de ideas críticas y de propostas disciplinarias sobre o presente e o futuro dos Estudios Galegos no mundo académico norteamericano.

Mapear a presenza do galego nas publicacións

Entre outros proxectos, este grupo tamén está levando a cabo un estudio para a creación dunha sección permanente en Estudos Galegos na Asociación de Linguas Modernas, un proxecto de investigación para mapear a presenza de publicacións relacionadas co galego e unha enquisa sobre a vida e as contribucións dos galegos. 

Ademais de Rei-Doval, neste grupo tamén participan activamente Iria Basoa Calvo, Isabel Méndez Santalla, José A. Losada Montero, Katie Ginsbach, Paula Rodríguez Abruñeiras e Sabela Juan Taborda, Vera Vázquez López.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 O peteiro feroz

A nossa língua é internacional e universal, ou parafraseando o nome festival que organizam várias associações reintegracionistas, «É MUNDIAL!». Que oito chupópteros montem um chiringuito que não serve para nada numa universidade ianqui, a ser pago com o nosso dinheiro, não universaliza a língua, só enche os seus petos. E faz falta um grupinho em Wisconsin para mapear a presença do galenhol nas publicações? Porque aposto a vida a que não vão «mapear» aquilo que esteja em norma AGAL ou Acordo Ortográfico.

1 Matraka

+1 O galego é mundial de seu. Por non repetir o conteúdo do coment. anterior, só resta apontar, com tudo o respeito, o terrível descenso na qualidade dos textos do GC, tanto no cabezalho coma no corpo. Lembro que na nota informativa sobre a homenagem a un dirigente nacionalista já finado, o redactoe esqueceu indicar ónde ía ter lugar a homenagem. Seguirei a entrar no web pero...