A Xunta insiste na contratación temporal malia as críticas de traballadores e sindicatos

As listas de temporais veñen de sumar máis de 2.700 profesionais neste 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Máis de 2.700 profesionais incorporáronse este ano ás listas de contratación temporal da Xunta, que se utilizan para cubrir vacantes, realizar substitucións e reforzar os servizos públicos prestados.

As listas definitivas de persoas admitidas e excluídas para distintas categorías da Administración Xeral ás que se incorporaron 1.649 profesionais foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) este mércores, segundo precisou a Consellería de Facenda e Administración Pública.

As listas publicadas inclúen postos para veterinarios, profesores numerarios, mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, axentes, mecánicos e patróns do Servizo de Gardacostas de Galicia, xefes e oficiais de cociña, gobernantes e xefes e oficiais de servizos técnicos.

Ademais, un total de 1.124 profesionais incorporáronse previamente ás listas de contratación temporal para diferentes categorías sanitarias e de emprego social, que se publicaron de modo anticipado e separado en xullo para cubrir vacantes e reforzar servizos públicos galegos.

As listas provisionais poden consultarse no portal web da Xunta, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, mediante o número de teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta.

Feijóo e o conselleiro de Sanidade en San Caetano.. Xunta de Galicia
Feijóo e o conselleiro de Sanidade en San Caetano.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta