Inés Rey pide "non precipitarse" sobre as decisións dos portos da Coruña

Non se pronuncia sobre a proposta doutros grupos para condonar a débeda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, avogou por "non precipitarse" nas decisións sobre o futuro dos peiraos coruñeses e non entrou a valorar a demanda da Marea Atlántica sobre a condonación da débeda, ao ser preguntada polo posicionamento desta formación coincidindo cunha reunión coa mesma nesta xornada por parte do concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada.

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, tras informar os asuntos aprobados en Xunta de Goberno Local, entre eles partidas para o plan 'Coruña Camiña' destinado á mellora da mobilidade na cidade; os proxectos que optarán a fondos europeos sobre baixas emisións ou a renovación da xestión do banco de vivendas de aluguer, con 44 na actualidade.

Cuestionada sobre a próxima reunión convocada entre Concello da Coruña, Xunta e Portos do Estado, ademais da Autoridade Portuaria, confirmou que no convenio no que se traballa aínda non están concretadas as achegas que faría cada adminsitracion. "O obxectivo é defender os intereses da cidade", dixo sobre o posicionamento do consistorio. Do mesmo, asegurou que o goberno local busca dar "pasos firmes e non precipitarse nas decisións".

"Traballarase para o que sexa o mellor para os coruñeses", respondeu ao ser preguntada sobre a condonación da débeda que Marea Atlántica, o BNG e outras entidades reclaman sobre a contraída pola Autoridade Portuaria pola execución das obras de Punta Langosteira.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta